Nuova AMG Sebastiani Basket Rieti
Aparencia
(Redirección desde «AMG Sebastiani Rieti»)
Nuova Sebastiani Basket | |
Información xeral | |
---|---|
Alcume | Seba |
Fundación | 1998 |
Desaparición | 2010 |
Historia | Virtus Rieti (1998-2003) |
Cores | Branco, celeste |
Localización | |
Cidade | Rieti, Italia (1998−2009) Nápoles, Italia (2009−2010) |
Pavillón | PalaSojourner (3.500) PalaBarbuto (5.500) |
www.nsbnapoli.com |
O Nuova AMG Sebastiani Basket, tamén coñecido como NSB e Nuova Sebastiani Basket, foi un equipo profesional de baloncesto italiano, fundado en 1998 na cidade de Rieti (no Lacio) e desaparecido en 2010, un ano despois de trasladarse a Nápoles. Estaba considerado como o sucesor do AMG Sebastiani Basket, equipo que gañou a Copa Korać en 1980.
Historia
[editar | editar a fonte]O club é considerado o sucesor do antigo AMG Sebastiani Basket Rieti, equipo que competiu na Serie A nos anos 1970 e 1980, chegando a gañar a Copa Korać en 1980. En 2009, o club trasladouse dende Rieti a Nápoles, mais foi excluído da liga en abril de 2010 por problemas económicos.[1]
Nomes
[editar | editar a fonte]O club, dependendo do patrocinador, foi coñecido cos seguintes nomes:[2]
- Brina Rieti (1973−1977)
- Althea Rieti (1977−1978)
- Arrigoni Rieti (1978−1980)
- Ferrarelle Rieti (1980−1981)
- Acqua Fabia Rieti (1981−1982)
- Binova Rieti (1982−1983)
- Cottorella Rieti (1983−1984)
- American Eagle Rieti (1984−1985)
- Ippodromi d'Italia Rieti (1985−1986)
- Corsatris Rieti (1986−1987)
- Dentigomma Rieti (1987−1988)
- Noi Sport Monte Terminillo Rieti (2005−2006)
- Solsonica Rieti (2006−2009)
- Martos Napoli (2009−2010)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Nuova AMG Sebastiani esclusa dal Campionato di Serie A". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2011. Consultado o 03 de xuño de 2010.
- ↑ "Lega A Basket páxina histórica do NSB Rieti". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2008. Consultado o 03 de xuño de 2010.