A Copa Korać é o nome que recibiu unha das competicións europeas de clubs de baloncesto organizadas pola Federación Internacional de Baloncesto (FIBA). O torneo concibiuse en 1971 e disputou os seus primeiros partidos o 4 de xaneiro de 1972. Foi bautizada como Korać en homenaxe ao baloncestista iugoslavoRadivoj Korać, un grande xogador do OKK Belgrado que finara en 1969 nun accidente de tráfico aos 30 anos. O trofeo foi ofrecido polo OKK e tódolos beneficios xerados pola competición foron destinados á fundación que se creou no seu nome.
Nas seguintes edicións ampliouse o número de participantes e o formato de competición foi variando ao longo dos anos, de xeito que puideran participar nunha competición europea os clubs mellor clasificados de cada país que non puidesen competir na Copa de Europa nin na Recopa.
A competición deixou de celebrarse ao remate da tempada 2001-02 a causa da crise do baloncesto europeo propiciada pola escisión entre a FIBA e a Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB). Ese ano optouse por suprimir a competición ao tomar partido pola ULEB os principais clubs do continente.
Porén, a ULEB creou un ano despois unha nova competición, a Copa ULEB, que recolleu a testemuña da Copa Korać.