Milán
Milan (lmo) ![]() | |||||||||||
Localización | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
País | Italia | ||||||||||
Rexión | Lombardía | ||||||||||
Cidades metropolitanas | Cidade metropolitana de Milán ![]() | ||||||||||
Capital de | |||||||||||
Contén a división administrativa | Municipio 1 (en) ![]() Municipio 2 (en) ![]() Municipio 3 (en) ![]() Municipio 4 (en) ![]() Municipio 6 of Milan (en) ![]() Municipio 8 (en) ![]() Municipio 9 (en) ![]() Zone 5 of Milan (en) ![]() Zone 7 of Milan (en) ![]() ![]() | ||||||||||
Poboación | |||||||||||
Poboación | 1.354.196 (2023) ![]() | ||||||||||
Lingua oficial | lingua italiana ![]() | ||||||||||
Xeografía | |||||||||||
Parte de | |||||||||||
Superficie | 181,67 km² ![]() | ||||||||||
Bañado por | Naviglio della Martesana (en) ![]() ![]() | ||||||||||
Altitude | 138 m ![]() | ||||||||||
Comparte fronteira con | Assago (pt) ![]() Rho Peschiera Borromeo (pt) ![]() Pero (pt) ![]() Opera (pt) ![]() Rozzano (pt) ![]() Segrate (pt) ![]() San Donato Milanese (pt) ![]() Settimo Milanese (pt) ![]() Sesto San Giovanni Trezzano sul Naviglio (pt) ![]() Novate Milanese (pt) ![]() Cormano (pt) ![]() Bresso (pt) ![]() Baranzate (pt) ![]() Arese (pt) ![]() Cusago (pt) ![]() Buccinasco (pt) ![]() Cologno Monzese (pt) ![]() Cesano Boscone (pt) ![]() Corsico (pt) ![]() Vimodrone (pt) ![]() ![]() | ||||||||||
Datos históricos | |||||||||||
Creación | c. 600 a. C. ![]() | ||||||||||
Evento clave
| |||||||||||
Santo padrón | Ambrosio de Milán ![]() | ||||||||||
Organización política | |||||||||||
Órgano executivo | municipal executive board of Milan (en) ![]() ![]() | ||||||||||
• Mayor of Milan (en) ![]() ![]() | Giuseppe Sala (pt) ![]() ![]() | ||||||||||
Órgano lexislativo | City Council of Milan (en) ![]() ![]() | ||||||||||
Membro de | |||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||
Código postal | 20121, 20122, 20123, 20124, 20125, 20126, 20127, 20128, 20129, 20131, 20132, 20133, 20134, 20135, 20136, 20137, 20138, 20139, 20141, 20142, 20143, 20144, 20145, 20146, 20147, 20148, 20149, 20151, 20152, 20153, 20154, 20155, 20156, 20157, 20158, 20159, 20161 e 20162 ![]() | ||||||||||
Fuso horario | |||||||||||
Prefixo telefónico | 02 ![]() | ||||||||||
Identificador ISTAT | 015146 ![]() | ||||||||||
Código catastral italiano | F205 ![]() | ||||||||||
Outro | |||||||||||
Irmandado con | |||||||||||
Sitio web | comune.milano.it ![]() | ||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() |
Milán[1] (en italiano: Milano, [miˈlaːno] (AFI), escoitar; en lombardo: Milàn, [miˈlaŋ] (AFI)) é a principal cidade do norte de Italia, capital da rexión da Lombardía, situada na chaira Padana. Cunha poboación de 1 351 562 habitantes no 2017, Milán é a segunda cidade máis poboada do estado tras Roma. Está considerada a capital económica e industrial do país, e un dos 4 motores principais da economía europea, con París, Londres e Frankfurt.
Historia
[editar | editar a fonte]![]() | Suxeriuse que "Historia de Milán" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
- Véxase tamén: Historia de Milán.
Milán foi fundada polos celtas do norte italiano co nome Médelhan polo ano 600 a.C, sendo conquistada polos romanos aló polo 222 a.C, recibindo o nome Mediolanum. No século IV a cidade converteuse por pouco tempo na capital do Imperio Romano de Occidente, e foi saqueada polos hunos no ano 450.
Ocupada polos ostrogodos trala caída dos romanos, pasou despois polas mans dos bizantinos, longobardos e francos antes de converterse nun feudo gobernado por arcebispos a partir do século VIII.
Monumentos
[editar | editar a fonte]- A Catedral de Milán (Duomo di Milano), de estilo gótico, mide 157 metros de lonxitude. Situada no centro exacto da cidade, comezou a ser construída en 1386 sobre os restos dunha antiga basílica do século V, e non foi rematada até o século XIX.
- A Galería Víctor Manuel II (Galleria Vittorio Emanuele II).
- O Teatro da Scala (Teatro alla Scala).
- O Castelo Sforzesco (Castello Sforzesco).
- O Palacio Real de Milán (Palazzo Reale).
- A Basílica de San Ambrosio (Basílica de Sant'Ambrogio) e unha das igrexas mais antigas de Italia, construída entre os anos 379 e 386.
- O Palacio Mezzanotte (Palazzo Mezzanotte) é un edificio do século XX que acolle no seu interior a Bolsa Italiana.
- Santa María da Gracia (Santa Maria delle Grazie) é unha igrexa declarada Patrimonio da Humanidade en 1980, que acolle no seu interior o mural A Última Cea de Leonardo da Vinci.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Catedral de Milán.
-
Galería Víctor Manuel II.
-
Teatro da Scala.
-
Castelo Sforzesco.
-
Palacio Real.
-
Basílica de San Ambrosio.
-
Palacio Mezzanotte.
-
Sta.María da Gracia.
Economía
[editar | editar a fonte]Bolsa de Milán
[editar | editar a fonte]![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Demografía
[editar | editar a fonte]A comuna ten 1 324 110 habitantes (2010), pero a área urbana ten máis de 4 millóns, e a área metropolitana uns 7 400 000 (segundo a OECD).
É unha cidade con bastante inmigración, chegados principalmente de Filipinas, China, Albania, Francia, Brasil e Bangladesh.
Deportes
[editar | editar a fonte]Fútbol
[editar | editar a fonte]A cidade ten dous dos equipos mais poderosos e laureados de Europa. Ámbolos dous compiten na Serie A 2011-2012 e na Liga de Campións da UEFA 2011-12, e disputan os seus encontros como locais no Estadio San Siro:
AC Milan (18 Scudettos e 7 Copas de Europa)
FC Internazionale (18 Scudettos e 3 Copas de Europa)
Outros deportes
[editar | editar a fonte]- Baloncesto - Olimpia Milano
- Ciclismo - Giro de Italia, Milán-San Remo
- Rugby - Amatori Milano
- Fórmula 1 - Circuíto de Monza
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para milanés.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Milán |