Stadio Giuseppe Meazza
Stadio Giuseppe Meazza | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 45°28′41″N 9°07′26″L / 45.478055555556, 9.1238888888889 |
Localización | Milán, Italia |
Construción | |
Inauguración | 1955 |
Arquitecto | Ulisse Stacchini |
Estadio | |
Superficie | Herba |
Dimensións | 105 × 68 |
Capacidade | 80.018 |
Propietario | Consorzio San Siro Duemila |
Operadora | M-I Stadio Srl |
Localía | Milan (1926–presente) Internazionale (1947–presente) |
Web | https://www.sansirostadium.com/stadium/stadio-san-siro |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Stadio Giuseppe Meazza, coñecido tamén como San Siro, nome do barrio no que se localiza, é un campo de fútbol da cidade de Milán, Italia. Nel disputan os seus partidos como locais o Milan e o Inter de Milán. Ten capacidade para 80.018 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O estadio comezou a súa construción en 1925 no distrito de San Siro, de onde obtivo o seu primeiro nome. Foi idea do entón presidente do AC Milan, Piero Pirelli.
Foi inaugurado o 19 de setembro de 1926 nun partido onde se enfrontaron o Inter de Milán e AC Milan, que finalizou co resultado de 6 a 3 a favor do Inter. O 3 de marzo de 1980 foi rebautizado en honra de Giuseppe Meazza, bicampión do mundo con Italia e ex xogador do AC Milan e Inter. A miúdo se coñece aínda ao estadio co seu nome antigo, San Siro, especialmente por parte dos afeccionados milanistas.
O Inter de Milán comezou a xogar de local no estadio en 1947. San Siro é un dos 23 estadios elite da UEFA. Actualmente o estadio é propiedade municipal e a súa capacidade é de 150.000 espectadores.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stadio Giuseppe Meazza |