Turín
Torino (it) Turin (pms) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Piemonte | ||||
Cidades metropolitanas | Metropolitan City of Turin (en) ![]() ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 841.600 (2023) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua italiana ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 130,01 km² ![]() | ||||
Bañado por | Río Po, Rio Dora Riparia (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Altitude | 239 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Baldissero Torinese (pt) ![]() Pecetto Torinese (pt) ![]() Orbassano (pt) ![]() Pino Torinese (pt) ![]() San Mauro Torinese Rivoli (pt) ![]() Settimo Torinese (pt) ![]() Nichelino (pt) ![]() Mappano (en) ![]() Beinasco (pt) ![]() Moncalieri (pt) ![]() Borgaro Torinese Grugliasco (pt) ![]() Collegno (pt) ![]() Venaria Reale (pt) ![]() ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave | |||||
Santo padrón | Nossa Senhora da Consolação (pt) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa ![]() | Chiara Appendino (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Turin City Council (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 10121–10156 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 011 ![]() | ||||
Identificador ISTAT | 001272 ![]() | ||||
Código catastral italiano | L219 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | comune.torino.it ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() |
Turín[1][2] (en italiano: Torino, en piemontés: Turin) é unha cidade do norte de Italia, capital da rexión do Piemonte, situada na beira do río Po e rodeada polos Alpes. Como residencia oficial da Casa de Savoia, foi a antiga capital do Ducado de Savoia entre 1562 e 1718, posteriormente capital de facto do Reino de Sardeña entre 1720 e 1861, finalmente foi a primeira capital de Italia entre 1861 e 1865. Cunha poboación de 909.205 habitantes (2009), na actualidade Turín é un importante centro cultural, industrial e comercial.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia urbana de Turín.
Na antigüidade a zona estivo habitada polo pobo dos Taurinos, unha tribo celta-ligur que ocupaba o val superior do río Po. Segundo Polibio a súa capital recibía o nome de Taurasia. A orixe etimolóxica dese nome provén da raíz indíxena Tauro (outeiro). Polibio escribiu que no ano 218 a.C. os taurinos foron atacados por Haníbal, que conquistou Taurasia tras 3 días de asedio.
No ano 27 a.C. estableceuse un campamento romano chamado Castra Taurinorum, que máis adiante sería a colonia de Iulia Augusta Taurinorum. Os romanos identificaron o nome orixinal do pobo coa palabra latina Tauro (boi), animal que pasou a ser o símbolo da localidade até hoxe. O trazado urbano do antigo campamento romano aínda se conserva no centro da actual cidade de Turín. No ano 69 a cidade quedou destruída polo lume durante as loitas entre os exércitos do emperador Otón e os de Vitelio.
Trala caída do Imperio Romano, a cidade pasou polas mans dos ostrogodos e dos longobardos. En 773 foi conquistada por Carlomagno e pasou a ser un condado franco. En 941 creouse a Marca de Turín, un feudo baixo a administración conxunta do Sacro Imperio Romano Xermánico e do antigo Reino de Italia. Durante os séculos XII e XIII foi unha cidade libre, até que en 1280 pasou ás mans de Savoia.
En 1559, trala Paz de Cateau-Cambrésis, Francia renunciou ás súas aspiracións de facerse con territorios italianos, devolveu Savoia e Piemonte á Casa de Savoia, e a capital do Ducado de Savoia pasou de Chambéry a Turín. Dende entón comezou a medrar na cidade unha arquitectura monumental composta por residencias reais e grandes templos relixiosos. A comezos do século XVIII a cidade foi asediada polo exército francés durante a Guerra de Sucesión española. O asedio rematou coa vitoria local sobre os atacantes. Non obstante, entre 1798 e 1814 os Duques de Savoia estiveron expulsados de Turín polos franceses post revolucionarios, e recluidos no seu Reino de Sardeña.
No século XIX Turín converteuse no motor que impulsou a unidade italiana, e máis adiante foi a primeira capital de Italia baixo o reinado de Vítor Manuel II, precisamente membro da Casa de Savoia. A capitalidade italiana de Turín durou entre 1861 e 1865, pasando despois a Florencia (1865-1871), e finalmente a Roma (1871-hoxe).
Monumentos
[editar | editar a fonte]
- O Palacio Real de Turín (Palazzo Reale) situado na Praza do Castelo (Piazza Castello), no centro da cidade, foi a residencia oficial da Casa de Savoia dende o século XVI. Foi declarado Patrimonio da Humanidade en 1997.
- A Mole Antonelliana é o monumento arquitectónico máis representativo da cidade. Foi deseñada no século XIX para ser unha sinagoga, pero finalmente edificouse como homenaxe a Vítor Manuel II.
- A Catedral de Turín (Duomo di Torino) construída a finais do século XV, é famosa por acoller a Capela da Saba Santa.
- O Palacio Madama (Palazzo Madama) é un complexo arquitectónico de diversas épocas, que foi residencia da Casa de Savoia.
- A Basílica de María Auxiliadora (Santuario di Maria Ausiliatrice) foi construída por Xoán Bosco a finais do século XIX. É a igrexa nai da congregación salesiana.
- A Basílica de Superga foi edificada no século XVIII no alto do outeiro de Superga, e acolle os restos de varios príncipes e reis da Casa de Savoia. En 1949 un avión esnafrouse a carón dela morrendo tódolos membros do Torino FC.
- O Palacio Carignano (Palazzo Carignano), actual Museo do Rexurdimento (Museo del Risorgimento), foi unha residencia da Casa de Savoia, e a sede do primeiro Parlamento italiano en 1861.
- O Castelo de Valentino (Castello del Valentino) foi unha das residencias da Casa de Savoia, e actual sede da Facultade de Arquitectura da Politécnica de Turín.
- A Porta Palatina é unha construción do século I a.C, que formaba parte das murallas romanas da cidade.
Economía
[editar | editar a fonte]Turín é un centro industrial de primeira orde dentro de Italia. Varias das empresas máis grandes e salientables do país naceron nesta cidade, comezando por Fiat, e seguindo por Lancia, Kappa, Martini & Rossi, Olivetti, Telecom Italia, RAI, Iveco etc. Alfa Romeo tamén ten a súa sede en Turín. A cidade tamén acolle ó grupo bancario Intesa Sanpaolo, considerado o segundo do país en termos de capitalización bolsista.
A industria turística tamén é moi salientable na cidade. O número de turistas que visitan Turín cada ano achégase ós 5'3 millóns (2008). Algúns dos atractivos da cidade para os visitantes son os museos, como o Museo Nacional do Cinema que está na Mole Antonelliana, ou o importante Museo Exipcio de Turín.

Fiat
[editar | editar a fonte]A empresa FIAT (acrónimo de Fabbrica Italiana Automobili Torino) foi fundada o 11 de xullo de 1899 para producir vehículos, e actualmente é o grupo industrial máis grande e importante do país.
O Lingotto, situado na propia cidade de Turín, foi no seu día a maior fábrica de coches do mundo. A fábrica tiña 5 andares. As pezas entraban por abaixo, e a medida que se ían transformando nun coche, avanzaban en espiral polo interior do edificio cara a arriba, rematando no último andar cando xa estaba rematado. No canto dun tellado, na súa parte máis alta o edificio ten un circuíto oval de probas con curvas peraltadas, de xeito que no seu día os coches rematados xa eran postos a proba no propio edificio. Nos anos 80 o edificio deixou de traballar como fábrica e foi reformado. Actualmente acolle salas de concertos, salas de cinema, tendas, un hotel e un centro de exposicións. O circuíto aínda existe no tellado do edificio.
Demografía
[editar | editar a fonte]Turín ten unha poboación aproximada de 909.000 habitantes (2009), o que significa que medrou dende o censo de 2001 (865.263 hab). A razón deste crecemento é a inmigración. Turín acolle a uns 128.000 inmigrantes estranxeiros, dos cales uns 52.000 son romaneses e 20.000 son marroquís. Este recente crecemento na poboación da cidade freou a caída que se levaba producindo dende 1971, cando a poboación de Turín acadou a súa máxima cantidade, 1.167.968 habitantes.
Calcúlase que a poboación da Área metropolitana de Turín é duns 2'2 millóns de habitantes.
Deportes
[editar | editar a fonte]Fútbol
[editar | editar a fonte]O 15 de marzo de 1898 fundouse en Turín a actual Federación Italiana de Fútbol. A cidade ten dous clubs de fútbol de gran tradición:
- Juventus FC — (30 Scudettos) - Na Serie A. Vixente campión.
Torino FC -——- (7 Scudettos) - Na Serie A.
En 1933 inaugurouse en Turín o Stadio Comunale (co nome Stadio Benito Mussolini) por mor da celebración do Mundial de Fútbol Italia 1934, cunha capacidade para 40.000 persoas. O estadio acolleu un encontro de oitavos de final e un máis de cuartos de final. Ámbolos dous equipos fixeron dese novo e moderno recinto o seu fogar durante décadas, até que en 1990 foi inaugurado o novo Stadio delle Alpi con motivo do Mundial de Fútbol Italia 1990, cunha capacidade para 67.411 persoas. Nesa ocasión a cidade acolleu tres encontros da fase de grupos, un máis de oitavos de final e outro de semifinais. Tanto Juventus FC como Torino FC mudáronse ó novo coliseo turinés, pero por pouco tempo. Co gallo da celebración dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2006 foi remodelado o Stadio Comunale, de xeito que ámbolos dous equipos volveron ó seu antigo fogar. Non obstante, a Juventus FC chegou a un acordo para derrubar o Stadio delle Alpi e construír no seu sitio un novo estadio de fútbol, que se estreou en 2011 co nome Juventus Stadium, de xeito que dende ese ano cada club ten o seu propio fogar por separado.

Xogos Olímpicos de Inverno
[editar | editar a fonte]Os Xogos Olímpicos de Inverno do ano 2006 tiveron lugar en Turín entre o 10 e o 26 de febreiro, despois de ser elixida en 1999 polo COI. Este evento no que participaron 2633 deportistas supuxo a remodelación das infraextructuras da cidade (metro, estradas, recintos deportivos, instalacións hoteleiras etc). O Stadio Comunale foi remodelado e modernizado, e mesmo rebautizado como Stadio Olimpico de Torino. Ademais foi construído o Palasport Olimpico, un gran pavillón con capacidade para 18.000 persoas deseñado para acoller as probas de hóckey sobre xeo.
Ciclismo
[editar | editar a fonte]A celebración de probas ciclistas ten moita tradición en Turín. Entre 1876 e 2007 disputábase cada ano a clásica Milano-Torino. Dende 1906 vense disputando tamén o Giro do Piemonte polo mes de outubro, proba dun día e 199 quilómetros. É moi habitual que Turín acolla algunha das chegadas ou saídas do Giro de Italia, sendo 2005, 2009 e 2011 os últimos anos nos que houbo unha chegada de etapa na cidade.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Turín en 1674.
-
Turín actual.
-
Palacio Real de Turín.
-
Catedral de Turín.
-
Palacio Madama.
-
María Auxiliadora.
-
Basílica de Superga.
-
Palacio Carignano.
-
Castelo de Valentino.
-
Porta Palatina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para turinés.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1446. ISBN 9788482893419.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Turín |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Turin - Wikivoyage (en)
- Páxina web da cidade de Turín (en italiano)
- Turín turístico Arquivado 10 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en italiano)