Marrocos
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2019.) |
المملكة المغربية (ar) المغرب (ar) ⵍⵎⵖⵔⵉⴱ (zgh) ⵜⴰⴳⵍⴷⵉⵜ ⵏ ⵍⵎⵖⵔⵉⴱ (zgh) ![]() | |||||
Himno | Al-nashid al-sharif ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «الله، الوطن، الملك» «Gwlad, Mamwlad, y Brenin» ![]() | ||||
Epónimo | Marrakech, oeste e mauros ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Rabat ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Béni Mellal-Khénifra Casablanca-Settat (pt) ![]() Dakhla-Oued Ed Dahab (pt) ![]() Drá-Tafilete (pt) ![]() Fez-Meknès (pt) ![]() Guelmim-Oued Noun (pt) ![]() Laâyoune-Sakia El Hamra Marraquexe-Safim (pt) ![]() Oriental Rabat-Salé-Kénitra (pt) ![]() Suz-Massa (pt) ![]() Tánxer-Tétouan-Al Hoceïma ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 37.076.584 (2021) ![]() | ||||
Número de fogares | 9.275.038 (2024) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua árabe Amazigh estándar marroquí ![]() | ||||
Relixión | islam ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 446.550 km² ![]() | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo, Océano Atlántico e Estreito de Xibraltar ![]() | ||||
Punto máis alto | Jebel Toubkal (4.167 m) ![]() | ||||
Punto máis baixo | Sebkha Tah (−55 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 789 ![]() | ||||
Día festivo | Aninovo (1 de xaneiro) Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) Ano novo musulmán (1 Muharam) Mawlid (12 Rabi' al-awwal (en) ![]() Eid al-Fitr (2 Shawwal) Eid al-Adha (10 Dhu al-Hijjah) Día do Trono (30 de xullo) Revolución do rei e do pobo (20 de agosto) Aninovo (1 de xaneiro) Manifesto da independencia de Marrocos (11 de xaneiro) Día da Xuventude (21 de agosto) Marcha Verde (6 de novembro) Yennayer (14 de xaneiro) 14 de agosto (14 de agosto) Isra e Miraj (pt) ![]() ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía constitucional ![]() | ||||
• Rei ![]() | Mohamed VI de Marrocos (1999–) ![]() | ||||
Órgano executivo | Cabinet of Morocco (en) ![]() ![]() | ||||
• Primeiro ministro ![]() | Aziz Akhannouch (2021–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of Morocco (en) ![]() ![]() | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of Morocco (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 142.866.583.125 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | Dirham ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .ma ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +212 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 15 (en) ![]() ![]() | ||||
Código de país | MA ![]() | ||||
Sitio web | maroc.ma… ![]() | ||||
![]() ![]() |
Marrocos[1] (en árabe: المغرب; Al-Magrib, en bérber: ⵍⵎⵖⵔⵉⴱ; lmeɣrib), oficialmente Reino de Marrocos (en árabe: المملكة المغربية; Al-mamlaka al-maḡribiyya, en amazigh: ⵜⴰⴳⵍⴷⵉⵜ ⵏ ⵍⵎⵖⵔⵉⴱ; Tageldit n lmeɣrib) é un país do noroeste de África. A súa longa costa atlántica chega desde o Sáhara Occidental ata o estreito de Xibraltar para dar ao mar Mediterráneo (ao norte), e continúa cara ao leste ata chegar a Alxeria, coa que limita ao leste e sueste.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia de Marrocos.

- 1894 : Morte de Mulai-al-Hasan. Proclamación do novo sultán, o novo Mulai Abd el Aziz. Pero o verdadeiro poder ostentábao Ba Ahmed, quen mostra a influencia dos elementos negros nos asuntos marroquís.
- 1900 : As finanzas marroquís prosperan grazas aos resultados da acción económica de Mulai-al-Hasan. Isto garántelle a Marrocos a independencia nacional.
- 1900 : Morte de Ba Ahmed que é substituído polo pródigo Mulai Abd el Aziz. As súas dispensas favorecen a intervención dos organismos de crédito europeo integrados pola banca de París e dos Países Baixos.
O Protectorado Francés
[editar | editar a fonte]- 1902-1912: A penetración económica europea intensifícase até tal punto que o sultán Mulai Hafid, irmán de Mulai Abd el Aziz, é forzado a asinar en 1912 o tratado de protectorado na convención de Fez.
- 1907: As forzas francesas deben intervir para protexeren os seus nacionais.
- 1907-1910: Hubert Lyautey pacifica Marrocos oriental, o xeneral Drude, que sucede o xeneral Amade, debe pacificar Marrocos occidental.
- 1911: As tropas francesas teñen que librarse do sultán asentado en Fez. Esta intervención provoca a segunda crise marroquí.
- 1912: Hubert Lyautey é nomeado xeneral residente de Francia, o que provoca a sublevación das tribos. Mouley Youssef substitúe o sultán Mulei Hafid, que ve a súa autoridade afianzada en Marrocos.
Primeira guerra mundial
[editar | editar a fonte]- 1915: Hubert Lyautey recibe a orde de París de retirar as tropas do interior para envialas a Francia. Esta evacuación parece prematura na medida en que a pacificación se encontra agora co problema dos movementos rebeldes sostidos polos alemáns.
Sáhara occidental
[editar | editar a fonte]Marrocos anexionouse de feito parte do Sáhara Occidental en 1976, tras acordar España a súa independencia, pero a resolución final sobre o status do territorio queda en suspenso en espera dun referendo organizado pola ONU, que se viu aprazado varias veces a causa dun desacordo de Marrocos sobre o censo do corpo electoral elaborado pola ONU.
Política
[editar | editar a fonte]Marrocos é unha monarquía parlamentaria.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Os países limítrofes son Sáhara Occidental ao sur e Alxeria ao leste e ao sueste. A certa distancia da costa atlántica atópanse as Illas Canarias, Madeira e as Salvaxes. Ao norte do estreito de Xibraltar atópase a Península Ibérica.
Hai tamén catro enclaves españois situado ao longo da costa mediterránea: Ceuta e Melilla no mesmo continente e Peñón de Vélez de la Gomera e Peñón de Alhucemas como illotes próximos; así como varios illotes Perexil e Chafarinas. A existencia destes territorios é unha fonte de tensión entre os dous estados.
A capital é Rabat. Entre as vilas salientables atópanse Casablanca, Agadir, Fez, Marrakech, Mequinez, Tánxer ou Tetuán.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Marrocos.
Cultura
[editar | editar a fonte]
Linguas
[editar | editar a fonte]O idioma oficial de Marrocos é o árabe clásico; é a lingua da lexislación, aínda que as leis tamén se traducen ao francés e ás veces ao español.
A lingua maioritaria falada pola poboación é o árabe marroquí, cada día máis influído pola chamada lingua culta. De feito, existe unha diglosia e, incluso unha triglosia. O rei marroquí cando quere que un discurso chegue a todo o mundo vese obrigado a utilizar o árabe dialectal.
As zonas rurais berberófonas, nos seus tres dialectos das linguas bérberes (tarifit, tamazight e tachelhit) empregan a súa lingua diariamente.
A lingua francesa é a lingua do comercio; e a ensinanza superior impártese en francés.
Nas cidades de Tetuán e Nador o coñecemento e uso do español é elevado; tamén na poboación saharauí do antigo Sáhara Español; na maior parte da poboación de Larache, Tánxer, Al-Hoceima e Ifni é usual. Existen grupos de hispanofalantes en cidades como Rabat, Agadir, Kenitra, Casablanca, Taza, Fez, Marrakech, Mequinez e Uxda. Actualmente, existen seis centros do Instituto Cervantes, sendo unha das maiores concentracións nun só país desta institución encargada da difusión da lingua española no mundo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para marroquí.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marrocos ![]() |