Google Maps
Google Maps | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | sitio web, mapa digital (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Personalidades | ||||
Propietario/a | Google ![]() | |||
Fundador/a | Jens Eilstrup Rasmussen e Lars Rasmussen (en) ![]() ![]() | |||
Creador/a | Google ![]() | |||
Mascota | Pegman (en) ![]() ![]() | |||
Desenvolvedor | Google ![]() | |||
Data | ||||
Fundación | 8 de febreiro de 2005 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Localización | Mountain View ![]() | |||
Sede | Mountain View ![]() | |||
Composto por | ||||
Composto por
| ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | google.com… ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Google Maps é un servizo de mapeo web desenvolvido por Google. Foi anunciado por primeira vez en Google Blog o 8 de febreiro de 2005. Orixinalmente soportaría só ós usuarios de Internet Explorer e Mozilla Firefox, pero o soporte para Opera e Safari foi engadido o 25 de febreiro de 2005. O software estivo na súa fase beta durante seis meses, antes de converterse en parte de Google Local, o 6 de outubro de 2005.
Características
[editar | editar a fonte]Google Maps permite visualizar o mundo a través de imaxes vía satélite, imaxes de mapas ou combinar estas dúas. Grazas ao buscador, podemos buscar lugares de todo o mundo e poder visualizalo de forma efectiva.
As imaxes de satélite comparten a base de datos de Google Earth, o que significa que son as mesmas imaxes que se verán no devandito programa e coa mesma resolución.
Os mapas só están dispoñibles en certos lugares, o que significa que a función híbrida de mapa e satélite só estea dispoñible nos lugares onde se cumpran as dúas características.
Linguaxe
[editar | editar a fonte]Como nas aplicacións web de Google, úsanse un gran número de arquivos Javascript para crear Google Maps. Como o usuario pode mover o mapa, a visualización do mesmo báixase dende o servidor. Cando un usuario busca un negocio, a localización é marcada por un indicador en forma de pin, o cal é unha imaxe PNG transparente sobre o mapa. Para lograr a conectividade sen sincronía co servidor, Google aplicou o uso de AJAX dentro desta aplicación. É unha aplicación para o desenvolvemento de mapas.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Google Maps ![]() |