Saltar ao contido

Lesotho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLesotho
Imaxe

HimnoLesotho Fatse La Bontata Rona (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Lema«Khotso, Pula, Nala»
«Peace, Rain, Prosperity»
«Мир, дъжд, просперитет»
«Y Frenhiniaeth yn yr Awyr» Editar o valor en Wikidata
EpónimoLingua sotho Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 29°33′S 28°15′L / -29.55, 28.25
Enclave enSuráfrica Editar o valor en Wikidata
CapitalMaseru Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.007.201 (2016) Editar o valor en Wikidata (66,12 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
Lingua sotho Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie30.355 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoThabana Ntlenyana (pt) Traducir (3.482 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Orange (1.400 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1966 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional Editar o valor en Wikidata
• King of Lesotho (en) Traducir Editar o valor en WikidataLetsie III (1996–) Editar o valor en Wikidata
• Prime Minister of Lesotho (en) Traducir Editar o valor en WikidataSam Matekane (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParliament of Lesotho (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal2.373.416.269 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaLoti Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.ls Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+266 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 114 (pt) Traducir e 115 Editar o valor en Wikidata
Código de paísLS Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webgov.ls Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4575577

Lesotho[1] ou Lesoto cuxo nome oficial é Reino de Lesotho (en sesotho Muso oa Lesotho, "O País dos que falan Sesotho"), é un estado situado no sur de África e encravado dentro de Suráfrica, membro da mancomunidade de nacións británica, este país era coñecido antes como Basutolandia.

A terra de Basutolandia foi renomeada como reino de Lesotho despois da súa independencia do Reino Unido no 1966. O rei Moshoeshoe exiliouse no 1990. No 1993, o goberno constitucional foi restaurado despois un período de espera de 23 anos durante os que o dirixiron os militares. No 1998, protestas violentas asociadas provocaron a intervención breve, mais sanguenta, do exército surafricano no momento das eleccións. Outra reforma constitucional restableceu a estabilidade do país.

Política

[editar | editar a fonte]

Dende o 7 de febreiro do 1996, o rei Letsie III reina sobre o Lesotho sucedendo ao seu pai.

Subdivisións

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Subdivisións de Lesoto.

O reino de Lesotho atópase dividido en 10 distritos:

Divisións administrativas
Distritos do país Distrito Capital Superficie (km²) Poboación (hab.) Localización dos principais centros urbanos
1. Berea Teyateyaneng 2222 300.000
2. Butha-Buthe Butha-Bethe 1767 130.000
3. Leribe Hlotse 2823 450.000
4. Mafeteng Mafeteng 2119 330.000
5. Maseru Maseru 4279 500.000
6. Mohale's Hoek Mohale's Hoek 3530 310.000
7. Mokhotlong Mokhotlong 4075 130.000
8. Qacha's Neck Qacha's Neck 2349 110.000
9. Quthing Quthing/Moyeni 2916 200.000
10. Thaba-Tseka Thaba-Tseka 4270 170.000

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O relevo do Lesotho é moi montañoso, e o país é chamado «Un reino no ceo», o que o describe moito, xa que todo o país está a máis de 1400m de alto. O seu punto cumio é o Tabana Ntlenyana de 3482m de alto.

O inverno é de xuño a agosto, con temperaturas preto dos 0 °C. Entón podes ver a neve sobre das montañas. A estación das choivas comeza en outubro e remata en abril.

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía de Lesoto.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución da demografía entre 1961 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.

Máis do 99% da poboación de Lesotho son etnicamente basotho; outros grupos étnicos inclúen europeos e asiáticos. A poboación do país é 80% cristiá, a maioría deles católicos romanos. Outras relixións son o islam, o hinduísmo e varias crenzas indíxenas. O sesotho e o inglés son os idiomas oficiais, outros idiomas inclúen o zulú e xosa.

O problema da SIDA

[editar | editar a fonte]

Do mesmo xeito que en moitos outros países da África subsahariana, a SIDA converteuse nun auténtico problema. A data de hoxe,[cando?] o 29% da poboación é portadora do virus ou desenvolveu a enfermidade, e os datos de organismos internacionais estiman que a porcentaxe subirá ata o 35% nos próximos anos. A consecuencia máis palpable deste fenómeno é a espectacular caída da esperanza de vida ata os 37 anos.

O goberno nacional tardou en recoñecer a gravidade do problema, e as súas medidas para frear as consecuencias de devandita enfermidade non comezaron a levarse a cabo ata 1999. En devandito ano, organismos gobernamentais finalizaron o seu plan estratéxico contra a SIDA, reforzado nos vindeiros anos con novas propostas tanto no ámbito da educación, a prevención ou o tratamento. A este problema, debe sumarse a falta de persoal médico especializado no país.

  1. "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.