Mauritania
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
الجمهورية الإسلامية الموريتانية (ar) République islamique de Mauritanie (fr) Ndenndaandi Lislameeri Muritani (ff) Réewu lislaam bu Muritani (wo) Moritani Silaamin Jamaane (snk) ![]() | |||||
Himno | Hino Nacional da Mauritânia (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «شرف إخاء عدل» «Honor, Fraternity, Justice» «Чест, братство, справедливост» «Honra, Fraternidade, Xustiza» «Anrhydedd, Brawdoliaeth, Cyfiawnder» «Honneur, Fraternité, Justice» ![]() | ||||
Epónimo | Mouros e Mauritania ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Nouakchott ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Adrar (pt) ![]() Assaba (pt) ![]() Brakna (pt) ![]() Dakhlet Nouadhibou (pt) ![]() Gorgol (pt) ![]() Guidimaka (pt) ![]() Hodh ech Chargui (pt) ![]() Hodh el Gharbi (pt) ![]() Inchiri (pt) ![]() Nouakchott Tagant (pt) ![]() Tiris Zemmour (pt) ![]() Trarza (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.736.139 (2022) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua árabe ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.030.700 km² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | ||||
Punto máis alto | Kediet Ijill (596 m) ![]() | ||||
Punto máis baixo | Sebkha de Ndrhamcha (en) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 28 de novembro de 1960 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• President of Mauritania (en) ![]() ![]() | Mohamed Ould Ghazouani (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano executivo | Government of Mauritania (en) ![]() ![]() | ||||
• Prime Minister of Mauritania (en) ![]() ![]() | Moctar Ould Diay (2024–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | National Assembly (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 9.996.240.419 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | ouguiya ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .mr ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +222 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 101, 117 e 118 ![]() | ||||
Código de país | MR ![]() | ||||
Mauritania[1] é un país da África Occidental. Limita ao norte co Sáhara Occidental, con Alxeria ao nordeste, o sur e o leste con Malí, ao sur co Senegal e ao oeste co océano Atlántico. É un dos países máis próximos a Cabo Verde. A súa capital é Nouakchott.
Historia
[editar | editar a fonte]Os restos de material lítico mostran o poboamento de Mauritania durante o Paleolítico Inferior. Fican tamén algúns restos de pinturas rupestres, aínda que pobres en comparación cos do Tassili, e que corresponden aos pobos gandeiros do Neolítico. A partir do terceiro milenio, o desecamento do Sáhara forza as poboacións a emigrar cara ao sur, para a conca do río Senegal e máis ao sur aínda. O baleiro é paulatinamente cuberto por poboacións bérberes vindas desde o norte, sobre todo desde os últimos séculos do primeiro milenio antes do cambio de Era, mercé a introdución desde oriente do camelo.
Nos primeiros séculos da era cristiá, porén, o dominio sobre o territorio corresponde ao reino de Ghana, de poboación negra. Este dominio dos ghaneses mantense até o século X, controlando o comercio de ouro, sal e escravos cara ao norte do Magreb. No século XI, poboacións bérberes, con centro en Tarsina, emprenden unha revolución relixioso-militar, que levará ao dominio do Sudán occidental, e a creación da seita islámica dos almorábides, que se expandirá logo para o norte magrebí e até o Al-Andalus. En 1143 este estado afúndese ante a aparición dunha nova seita: os almohades, que continúan o dominio bérber. A partir da segunda metade do século XIII, os hassaniya, árabes, impoñen o seu dominio, creando o sistema de estamentos, que sen grandes variación perdurou até as portas do século XXI. O estrato superior monopolizando as xefaturas, os xeques, corresponde aos tales hassaniya; no estrato intermedio colócanse os zenagga, bérberes vasalos dos anteriores; no estrato inferior están os escravos negros. O sistema económico segue a ser o dos séculos anteriores: comercio de escravos, ouro - estes enviados ao norte polas rutas transaharianas - e sal.
Desde a segunda metade do século XV, os contactos cos europeos aumentan desde que os portugueses fundan factorías na costa. Agora boa parte do comercio de escravos desvíase para eses enclaves litorais.
A partir do final da era napoleónica, os franceses emprenden a penetración no río Senegal, no sur do Mauritania. En 1912 o país fica baixo o seu protectorado, e desde 1920 é formalmente unha colonia dentro da África Occidental Francesa, que é dirixida desde a cidade de Saint Louis, Senegal. Logo dunha fase de autonomía a fins da década de 1950, o 28 de novembro de 1960, Mauritania logra a súa total independencia, organizándose como unha República Islámica.
Subdivisións
[editar | editar a fonte]Mauritania está dividida en 13 wilayas. Cada wilaya está, á súa vez, subdividida en mughataaou distritos (52 en total).
Mauritania rexións | # | Wilaya | Capital |
---|---|---|---|
![]() | |||
1 | Adrar | Atar | |
2 | Assaba | Kiffa | |
3 | Brakna | Aleg | |
4 | Dakhlet Nouadhibou | Nouadhibou | |
5 | Gorgol | Kaedi | |
6 | Guidimagha | Selibaby | |
7 | Hodh Ech Chargui | Néma | |
8 | Hodh El Gharbi | Aiun el-Atrouss | |
9 | Inchiri | Akjoujt | |
10 | Nouakchott | Nouakchott | |
11 | Tagant | Tidjikdja | |
12 | Tirit Zemmour | Zouerate | |
13 | Trarza | Rosso |
Xeografía
[editar | editar a fonte]Mauritania ten fronteiras con Alxeria, o Sáhara Occidental (controlado por Marrocos desde o Tratado de Madrid), Malí e máis o Senegal. Trazadas polos colonizadores franceses, explícanse así a dereitura das liñas.
O país divídese en catro rexións naturais. Ao longo do litoral atlántico estendese unha grande área areosa que corresponde ao deserto do Sáhara. A rexión central está salpicada de chairas escarpadas. No leste aparecen as grandes cubetas dunares. O río Senegal escavou un longo val na fronteira meridional: é a cuarta rexión. Un segundo curso fluvial importante é o Karakoro.
O clima é extremadamente árido, o que explica a débil densidade de poboación.
Economía
[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Economía de Mauritania.
Mauritania posúe certas cantidades de reservas de petróleo e de gas localizadas nas súas augas territoriais. Ademais conta con áreas de ouro e de diamantes. Cóntase con tales reservas para tentar relanzar economicamente o país.
A minería do ferro é importante, de modo que se coida que a mina a ceo aberto de Zouerate é a maior mina férrica activa do mundo. Ligado á súa explotación figura o ferrocarril de Snim, que posúe a Sociedade Nacional Mineira, cun tren considerado como o máis longo da Terra (2,400 km e 254 vagóns), que transporta o mineral desde a mina até a costa.
Outra importante actividade é a pesqueira, ligada á explotación dun mar territorial mauritano, que nesta altura está considerado como o máis produtivo do mundo. O centro pesqueiro está na cidade de Nuadhibu (ou Nouadhibou en escrita á francesa), situada no litoral norte do país.
Demografía
[editar | editar a fonte]Consonte estimacións do ano 2007, a poboación mauritana alcanzaba os 3 270 065 de habitantes, mentres a esperanza de vida era tan só de 53,12 anos (estimacións de 2006). Desde un punto de vista étnico, a poboación estaba composta de árabes nun 30% (o termo árabe refírese na súa maior parte a descendentes de bérberes), e un 30% de negros; mentres que eran cualificados como individuos de orixe mixta (árabe-negro) un 40%. O contraste de persoas é unha característica salientable da poboación de Mauritania: baste lembrar que a escravitude foi legalmente abolida aínda en 1981, mais segundo datos de SOS Esclaves en 2007 había 600.000 escravos no país. Recentes leis castigan a pose de escravos .
Un 99,84% dos habitantes profesa a relixión islámica, na súa maior parte baixo a confesión sunnita.
A lingua oficial é o árabe, e a variedade que se fala no país é o hassānīya, que tamén se emprega no sur de Marrocos e no Sáhara Occidental. Ademais o francés está estendido abondo. O wólof, pular e soninke están recoñecidas como linguas nacionais. Aínda que faltan datos máis precisos, sobreviven aínda falantes dunha variante bérber, o zenaga, que presenta numerosas peculiaridades a respecto doutros falares bérberes.
Cultura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Cultura da Mauritania.
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mauritano.