Emiratos Árabes Unidos
الإِمَارات العربِيَّة المُتَّحِدة (ar) United Arab Emirates (en) | |||||
Himno | Īschī Bilādī | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Abu Zabi | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.890.400 (2020) (118,31 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua árabe | ||||
Relixión | Islam | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 83.600 km² | ||||
Bañado por | Golfo Pérsico e Golfo de Omán | ||||
Punto máis alto | Jebel Jais (en) (1.900 m) | ||||
Punto máis baixo | Golfo Pérsico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1971 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquia federal (pt) monarquía absoluta monarquía constitucional | ||||
• Presidente | Maomé bin Zayed Al Nahyan (pt) (2022–) Khalifa bin Said bin Sultan Al-Nahian (2004–2022) Zayed bin Sultan Al Nahyan (1971–2004) | ||||
• Prime Minister of the United Arab Emirates (en) | Mohamed bin Rashid Al Maktum | ||||
Órgano lexislativo | Federal Supreme Council (en) , | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 415.021.590.688 $ (2021) | ||||
Moeda | Dirham dos Emiratos Árabes Unidos | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .ae e .امارات (mul) | ||||
Prefixo telefónico | +971 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 997 (en) , 998 (en) e 999 | ||||
Código de país | AE | ||||
Páxina web | u.ae | ||||
Os Emiratos Árabes Unidos son unha federación de emiratos situados na Península de Arabia. Limitan ó norte con Qatar e co Golfo Pérsico; ó leste co Golfo de Omán e Omán; e ó sur e oeste con Arabia Saudita. A súa planicie costeira é estéril e fúndese co deserto arábico. A federación está integrada por 7 emiratos (imarat; singular - imarah)
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia dos Emiratos Árabes Unidos.
Os sete sultanatos da costa que conforman o país concederon ao Reino Unido, nun tratado do século XIX, a defensa do territorio e o manexo das relacións exteriores. Logo de expirar o tratado o 1 de decembro de 1971, seis deles (Abu Zabi, Axman, Dubai, Fujairah, Sharjah e Umm ao Qaywayn) declararon o día seguinte, 2 de decembro, a formacións dos Emiratos Árabes Unidos. En febreiro de 1972 uniríase á federación o sultanato de Ras al-Khaimah.
Política
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Política dos Emiratos Árabes Unidos.
Os Emiratos Árabes Unidos son unha federación de sete sultanatos que se gobernan baixo monarquías absolutas, cada un por un emir con poderes específicos. O goberno central fórmao o consello supremo, formado polos sete emires. O presidente federal elíxese entre os emires hereditarios e adoita ser o xeque de Abu Zabi e o primeiro ministro o de Dubai.
Organización territorial
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Organización territorial dos Emiratos Árabes Unidos.
A continuación indícanse os sete emiratos que compoñen o país e os seus respectivos gobernantes (xeques).
- Emirato de Abu Zabi - Khalifa bin Zayed Al Nahyan, desde 2004.
- Emirato de Axman - Humaid bin Rashid Al Nuaimi, desde 1981.
- Emirato de Dubai - Mohamed Bin Rachid Al Maktum, desde 2006.
- Fujairah - Hamad bin Mohammed Al Sharqi, desde 1974.
- Ras Al-Jaimah - Saud bin Saqr Al Qasimi, desde 2010.
- Sharjah - Sultan bin Muhammad Al-Qasimi, desde 1987.
- Umm al Qaywayn - Saud bin Rashid Al Mualla, desde 2009.
Bandeira | Emirato | Capital | Poboación 2008[1] |
% da poboación total |
Área (km²)[1] |
% da área total |
Densidade |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Abu Zabi | Abu Zabi | 1.548.655 | 31´2% | 67.340 | 86´7% | 25 | |
Axman | Axman | 372.923 | 7´5% | 259 | 0´3% | 996 | |
Emirato de Dubai | Dubai | 1.770.533 | 35´6% | 3.885 | 5´0% | 336 | |
Fujairah | Fujairah | 137.940 | 2´9% | 1.165 | 1´5% | 109 | |
Ras al-Jaimah | Ras al-Jaimah | 171.903 | 3´4% | 1.684 | 2´2% | 122 | |
Sharjah | Sharjah | 895.252 | 18´0% | 2.590 | 3´3% | 262 | |
Umm al Quywain | Umm al-Quiwain | 69.936 | 1´4% | 777 | 0.9% | 88 | |
UAE | Abu Zabi | 4.967.142 | 100% | 77.700 | 100% | 56 |
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xeografía dos Emiratos Árabes Unidos.
Os Emiratos están situados na península Arábiga, bordeando o golfo de Omán e o Golfo Pérsico, entre Arabia Saudita e Omán. A práctica totalidade do país é desértica.
É unha planicie costeira, chaira e árida, que se funde no interior cun vasto deserto ermo de dunas móbiles de area. A súa estratéxica localización rodeando polo sur o estreito de Ormuz convértelle nun vital paso do tránsito do comercio de cru mundial. Os EAU está considerado como un dos quince países que conforman o "Berce da Humanidade".
A demarcación das fronteiras de 1974 e 1977 entre Arabia Saudita e Emiratos Árabes Unidos nunca se publicaron. E o que é máis, a fronteira exacta entre os dous países só a coñecen os seus gobernos.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía dos Emiratos Árabes Unidos.
A riqueza dos Emiratos Árabes Unidos está en gran medida baseada na explotación de petróleo e gas natural, que representan ao redor do 20% do seu PIB. A nación árabe é o terceiro maior produtor de petróleo no Golfo Pérsico logo de Arabia Saudita e Irán (a produción en Iraq diminuíu considerablemente pola guerra). Desde 1973, os EAU sufriron unha profunda transformación, pasando de ser unha rexión empobrecida de pequenos principados a un estado moderno con altos estándares de vida. O PIB per cápita do país non está moi afastado do das principais nacións de Europa occidental. A súa xenerosidade no investimento das súas ganancias petrolíferas e a súa política exterior moderada permitíronlle xogar un papel vital nos asuntos da rexión.
En anos recentes, o goberno buscou a diversificación das súas fontes de ingreso para diminuír a súa dependencia nas reservas limitadas de petróleo. Un resultado destes esforzos foi o desenvolvemento sostido do turismo, baseado en infraestrutura hostaleira costeira, desértica e deportiva. O éxito destas empresas, axuntado a factores como o prezo relativamente baixo de materias primas, o clima cálido que prevalece durante case todo o ano, marabillas da arquitectura como Burj al-Arab e Palm Islands, e a actitude amigable cara a Occidente levou a moitos a chamar aos Emiratos Árabes Unidos o Singapur ou o Hong Kong de Medio Oriente.
Demografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Demografía dos Emiratos Árabes Unidos.
No ano 2018, os Emiratos Árabes Unidos tiñan unha poboación de 9 543 000 de habitantes. Tan só o 11,48% naceu nese país. En 2007, o 23% eran inmigrantes de orixe árabe e iraniana, o 50% inmigrantes do sur de Asia, e o restante 8% estaba composto por inmigrantes doutras etnias. O idioma oficial é o árabe. A esperanza de vida é de 75 anos. O 77.9% da poboación esta alfabetizada. A media de fillos por muller é de 2.43.
As crenzas relixiosas son na súa maioría musulmáns (o islam é a relixión estatal). Con todo, hai minorías considerables de cristiáns, hindús e outros credos.
Cultura
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Cultura dos Emiratos Árabes Unidos.
A cultura do país está fortemente influenciada polo islam, relixión que profesa a case totalidade da poboación.
Data | Nome en galego | Nome local |
---|---|---|
1 de xaneiro | Ano novo cristián | Ra's as-sana al-mīlādiyya (رأس السنة الميلادية) |
Varios | O día do sacrificio | ʿĪd al-Aḍḥà (عيد الأضحى) |
Varios | Ano novo islámico | Ra's as-sana al-ḥiŷriyya (رأس السنة الهجرية) |
6 de agosto | Acceso ao trono do xeque Zayed bin Sultan-ao Nahyan | |
Varios | A viaxe nocturna de Mahoma (Isra) | Al-Isrā' wa-l-Miʿrāŷ (الإسراء و المعراج) |
2 de decembro | Día nacional | Al-ʿĪd al-Qawmī (العيد القومي) |
Varios | Fin de Ramadán | ʿĪd al-fiṭr (عيد الفطر) |
Educación
[editar | editar a fonte]A educación ata o ensino secundario está dirixido polo Ministerio da Educación, e consiste de escolas primarias, escolas intermediarias e escolas secundarias. O currículo das escolas públicas é axustado para as metas e valores do país, cunha énfase no inglés como segundo idioma. Hai tamén moitas escolas particulares, algunhas con recoñecemento no estranxeiro. As escolas públicas son gratuítas para cidadáns dos Emiratos.
A educación superior esta dirixida polo Ministerio da Educación Superior. Hai 4 grandes institucións: a Universidade dos Emiratos Árabes Unidos, a Universidade Zayed, a Facultade de Medicina do Golfo e o Colexio Superior de Tecnoloxía. Hai tamén institucións particulares, como a Universidade de Sharjah e a Universidade Americana de Sharjah.
Mapas e imaxes
[editar | editar a fonte]-
Mapa
-
Imaxe satélite
-
Mapa dos emiratos
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Census 2008". Ministry of Economy and Planning, Government of the United Arab Emirates. 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Emiratos Árabes Unidos |