Burj al-Arab
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Burj al-Arab | |
---|---|
![]() | |
Edificio | |
Tipo | Bloque de apartamentos e hotel ![]() |
Estilo | arquitetura high-tech (pt) ![]() ![]() |
Localización | ![]() |
Coordenadas | 25°08′29″N 55°11′07″L / 25.141388888889, 55.185277777778 |
Construción | |
Remate | 1999 |
Dimensións | |
Altura | 321 m ![]() |
Altura máxima | 321 m |
Altura da azotea | 210 m |
Plantas | 60 |
Implicados | |
Arquitecto(s) | WS Atkins PLC |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Burj al-Arab (en árabe Torre dos Árabes) é un hotel que se atopa na cidade de Dubai (Emiratos Árabes Unidos). Foi inaugurado o 1 de decembro de 1999.
Características
[editar | editar a fonte]Cunha altura de 321 metros, é o edificio máis alto de uso exclusivo como hotel de todo o mundo e un dos edificios hostaleiros máis representativos. Está situado no mar, sobre unha illa artificial localizada a 280 metros da praia no Golfo Pérsico. Está conectado con terra firme mediante unha estrada.
A construción do edificio iniciouse en 1994 e inaugurouse oficialmente o 1 de decembro de 1999. A súa construción intenta recordar un barco e está situado de forma que a súa sombra non cubra a praia. No punto máis alto do hotel atópase un heliporto.
O hotel está catalogado como de sete estrelas, categoría que vai máis aló da clasificación normal dos hoteis, de 1 a 5, debido ás súas características realmente excepcionais que o diferencian de calquera outro tipo de hotel no mundo. No Burj al-Arab non teñen habitacións normais senón que conta con 202 suites dobres. A máis pequena destas suites ocupa unha área de 169 m² mentres que a maior cobre unha área de 780 m².
O hotel ten unha suite real a cal vale 28000 dólares a noite. Tamén ten un servizo de automóbiles Rolls-Royce de luxo dispoñible para cada hóspede. Ademais na súa cociña conta con afamados chef. As reservas pódense facer desde a páxina oficial.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Burj al-Arab |