Saltar ao contido

Uzbekistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaUzbekistán
Oʻzbekiston (uz)
Oʻzbekiston Respublikasi (uz) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe

HimnoHimno Nacional da República de Uzbequistán Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°N 66°L / 41, 66
CapitalTashkent Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación34.915.100 (2021) Editar o valor en Wikidata (77,77 hab./km²)
Lingua oficialLingua usbeka Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie448.978 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoKhazret Sultan (pt) Traducir (4.643 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoLago Sariqamish (pt) Traducir (−12 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1991 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernopresidencialismo Editar o valor en Wikidata
• Presidente (pt) Traducir Editar o valor en WikidataShavkat Mirziyoyev (2016–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of Uzbekistan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro-ministro (pt) Traducir Editar o valor en WikidataAbdulla Aripov (pt) Traducir (2016–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoOliy Majlis (pt) Traducir , (Escano: 150) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal69.238.900.000 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaSom uzbeko Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.uz Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+998 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112 Editar o valor en Wikidata
Código de paísUZ Editar o valor en Wikidata

Sitio webgov.uz… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453053

Uzbekistán[1][2] (en uzbekoOʻzbekiston), é unha república ex-soviética de Asia Central, limitada ao norte por Casaquistán, ao leste por Kirguizistán e por Tadjiikistán, ao sur por Afganistán e a sur e ao oeste por Turkmenistán. Alén do territorio principal, inclúe tamén os enclaves de Sokh e de Iordan, no Kirguizistán. A súa capital é a cidade de Tashkent.

Artigo principal: Historia de Uzbekistán.

Durante séculos, o actual territorio de Uzbekistán estivo integrado intermitentemente no Imperio Persa. Antes da chegada gradual de invasores turcos, a área estivo poboada por elementos escitas e xentes de fala persa e de estirpe iraniana, que aínda comprenden unha gran minoría en Uzbekistán e son chamados hoxe en día taxicos. Desde a Idade Moderna, os emiratos en que se dividía o país (Buxara, Samarcanda e outros) foron estados tapón entre as aspiracións persas e chinesas, e posteriormente rusas.

No século XIX, o Imperio Ruso comezou a se expandir por Asia Central. O período do "Gran Xogo" é xeralmente considerado como continuo aproximadamente desde 1813 ata a convención Anglo-Rusa de 1907. Seguindo á revolución bolxevique de 1917, seguiu unha segunda fase menos intensiva.

Escudo de Armas da antiga República Socialista Soviética de Uzbekistán.

En principios do século XX, Asia Central estaba firmemente nas mans de Rusia e a pesar dalgunha resistencia aos bolxeviques, Uzbekistán e o resto de Asia Central pasaron a ser parte da Unión Soviética.

O 1 de setembro de 1991, Uzbekistán declarou a independencia de mal grado. Mentres as repúblicas bálticas levaban a loita pola independencia, os estados da Asia Central tiñan medo dela. "As forzas centrífugas que romperon a Unión foron as máis febles en Asia Central. Despois do intento de golpe de estado de agosto de 1991, tódolos líderes de Asia Central creron que a Unión podería ser preservada dalgún xeito", escribiu Michael McFaul en Russia's Unfinished Revolution.

Política e goberno

[editar | editar a fonte]

Constitucionalmente, o Goberno de Uzbekistán establece a separación de poderes, a liberdade de expresión e a democracia representativa. Na realidade, o executivo retén case todo o poder. O poder xudicial non salienta pola súa independencia, e o parlamento, que se reúne soamente uns poucos días por ano, ten pouco poder para dar forma ás leis.

O presidente escolle aos gobernadores provinciais.

No marco do referendo de decembro de 1995, o primeiro mandato de Karimov foi prorrogado. Outro referendo nacional tivo lugar o 27 de xaneiro de 2002 para, de novo, prorrogar o seu mandato. O referendo aprobouse e o mandato de Karimov foi estendido por unha lei do Parlamento ata decembro de 2007.

A maioría de observadores internacionais declinaron participar no proceso e non recoñeceron os resultados rexeitándoos por non reunir os estándares básicos.

O referendo de 2002 tamén incluía un plan para crear un Parlamento bicameral. O edificio que debe abrigar tal parlamento está actualmente en construción. As eleccións para o novo Parlamento bicameral tiveron lugar o 26 de decembro mais ningún candidato ou partido opositor verdadeiramente independente tivo a oportunidade de participar. A misión de observación limitada da OSCE concluíu que as eleccións apenas atinxiron os estándares internacionais para unhas eleccións democráticas.

Formáronse varios partidos políticos coa aprobación do Goberno mais non mostraron aínda interese por defender alternativas á política do goberno. Similarmente, aínda que se estableceron múltiples medios de comunicación (radio, televisión, prensa), estes tamén se atopan baixo o control do goberno e raramente tratan temas políticos.

Permítese aos partidos políticos a súa creación, o recrutamento, e a posibilidade de celebrar convencións e conferencias de prensa, mais denegóuselles a súa posibilidade de rexistro baixo uns procedementos de rexistro restritivos.

O 28 de marzo e o 1 de abril de 2004 perpetráronse atentados terroristas en Tashkent e Bukhara. Aínda non se esclareceu quen cometeu os ataques. A reacción do goberno aos ataques, ata o momento, refreouse.

Subdivisións

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Subdivisións de Uzbekistán.
División en Provincias
División en Provincias

O país divídese en:

  1. Toshkent Shahar
  2. Provincia de Andizhan
  3. Provincia de Buxoro
  4. Provincia de Farg‘ona
  5. Provincia de Jizzax
  6. Provincia de Namangan
  7. Provincia de Navoiy
  8. Provincia de Qashqadaryo
  9. Provincia de Samarqand
  10. Provincia de Sirdaryo
  11. Provincia de Surxondaryo
  12. Provincia de Toshkent
  13. Provincia de Xorazm
  14. Qoraqalpog‘iston

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Vista satélite de Uzbekistán
Vista satélite de Uzbekistán
  • Localización: Centro-oeste de Asia.
  • Área total: 447.400 km² (terra: 425.400 km²; auga: 22.000 km²).
  • Costa: O país está non ten saída para o mar, salvo unha extensión de 420 km de costa no sur do mar de Aral. De feito é un dos dous únicos países do mundo, xunto con Liechtenstein, que está rodeado por países sen saída para o mar.
  • Veciños: Afganistán, Casaquistán, Kirguizistán, Tadjiikistán e Turkmenistán.
  • Coordenadas: 41 00 N, 64 00 E
  • Extensión total da fronteira: 6.221 km
  • Extensión da fronteira cos países veciños: Afganistán (137 km), Casaquistán (2.203 km), Kirguizistán (1.099 km), Tadjiikistán (1.161 km) e Turkmenistán (1.621 km).
  • Terreo: A maior parte do territorio de Uzbekistán está formado por chairas (preto de catro quintos do territorio). Unha das principais é a chaira Turaniana. Ao leste e ao nordeste están as ramificacións situadas no Tien-tien-Shan. O Pamir é o punto máis elevado do país, con 4.643 m. Tamén ten un dos maiores desertos do mundo, Kizilkums, situado na parte central de Uzbekistán.
  • Recursos minerais: O país posúe xacementos de gas natural, carbón, ouro, cobre, tungsteno, e bismuto. Hai pozos de petróleo abertos.
  • Clima: O clima do país é na maior parte desértico-continental. A diferenza das temperaturas, conforme as épocas do ano, é significativa. A temperatura media en xaneiro está por debaixo dos -6 Cº. A media das temperaturas máximas en xullo é maior de 32 Cº. A cantidade de chuvia é pequena, facendo que a agricultura dependa na maior parte de irrigación.
  • Ríos internos: A maioría deles secan, soamente o Amu-Darya e mailo Sir-Darya van dar ao Mar de Aral.

Economía

[editar | editar a fonte]
Parlamento de Uzbekistán.
Artigo principal: Economía de Uzbekistán.

Uzbekistán era unha das zonas máis pobres da antiga Unión Soviética con máis do 60% da súa poboación vivindo en comunidades rurais densamente poboadas. Uzbekistán é actualmente o 3º maior exportador de algodón do mundo, un gran produtor de ouro e gas natural, e a nivel rexional un importante produtor de produtos químicos e maquinaria.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Evolución(1992-2003)

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para uzbeko.
  2. A forma Usbequistán tamén é utilizada nalgunhas publicacións.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • McFaul, M., Russia's unfinished revolution: political change from Gorbachev to Putin, Cornell University Press, 2001. ISBN 0-8014-3900-0 (en inglés)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]