Imperio Aqueménida
𐎧𐏁𐏂 (peo) | |||||
Epónimo | Dinastía aqueménida | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Babilonia Susa Persépole Pasárgada (pt) Ecbatana | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 17.000.000 (500 a. C.) (3,09 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua persa antiga Lingua elamita Lingua babilonia Grabar Lingua exipcia lingua lidia Grego antigo Língua meda (pt) arameo imperial Lingua sumeria lingua acadia lingua armenia | ||||
Relixión | Zoroastrismo, relixión en Mesopotamia, xudaísmo, Relixión exipcia antiga e Relixión da Grecia antiga | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 5.500.000 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | Median Kingdom (en) , Imperio Neobabilónico, Reino de Lidia, XXVI dinastia egípcia (pt) , Masságetas (pt) , Sogdiana, Gandhara Kingdom (en) e Neo-Elamite period (en) | ||||
Creación | c. 550 a. C.: Cronologia média (pt) | ||||
Disolución | c. 330 a. C. | ||||
Sucedido por | Reino de Macedonia, XXVIII dinastia egípcia (pt) e Sogdiana | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía Teocracia | ||||
Moeda | Dárico | ||||
O Imperio Aqueménida[1] (en persa antigo: 𐎧𐏁𐏂𐎶; translit: Xšāça e traducible como "O Imperio"), tamén coñecido como o Primeiro Imperio Persa,[2] foi un antigo imperio persa do oeste de Asia fundado por Ciro o Grande.
Historia
[editar | editar a fonte]O imperio persa iniciouse co reinado de Ciro I (550 a 529 a.C.) que uniu as tribos persas contra os medos. Ciro I, despois de conquistar a Media, conquistou toda a rexión do Oriente Medio nun imperio que ía dos límites do Irán actual até a Turquía. O seu fillo, Cambises II (529 a 522 a.C.), conquistou o Exipto e a Libia, porén o final do seu reinado marcouse por diversas revoltas. Cambises morreu no 522 a.C. O seu sucesor foi Darío I (-521 o 486 a.C.), que dilatou as fronteiras do imperio máis aínda coa anexión do río Indo e doutras rexións na Asia. Foi neste reinado cando ocorreu a primeira guerra médica, nas que se enfrontaron gregos e persas. Estas guerras remataron coa expansión persa no 490 a,C. trala derrota en Maratón.
A primeira guerra médica tivo lugar durante o goberno de Darío I, aínda que foi feita unha reforma na administración do Imperio coa creación das Satrapías (gobernadas polos Sátrapas) e tamén se construíu a Estrada Real, que ía de Susa (no Irán) até Sardes (na Turquía). Despois disto, o imperio foi gobernado por Xerxes I (do 485 o 465 a.C.). No seu reinado tivo lugar a segunda guerra médica contra os gregos, na que os persas foran derrotados novamente. Tras Xerxes houbo outros emperadores que soportaron diversas revoltas que apuntaban á decadencia do Imperio Persa e que foi finalmente derrotado e anexado por Alexandre o Grande no 331 a.C..
Economía
[editar | editar a fonte]A Economía Persa baseouse en comercio predominantemente terrestre. Cun extenso territorio, a construción de estradas acabou por beneficiar o comercio, así como a padronización de pesos e medidas realizada co intento de facilitar a cobranza de impostos. A pesar de contaren coa frota fenicia e con bos portos, o comercio marítimo foi pouco explorado. A cuñaxe de moedas comezou efectivamente no reinado de Darío I, porén os soberanos preferían acumular metais a cuñar moedas.
Relixión
[editar | editar a fonte]A relixión persa, ao principio, era politeísta. Por volta de -1200, coas predicacións de Zoroastro, a relixión tornouse dualista. O ben era representado por Ahura Mazda, e o mal era representado por Ahri Man. Non existían templos nin cultos, a representación do deus estaba simbolizada co fogo eterno, que se acendía en torres e colocábase no cume de torres dos mortos. Non existía rituais de enterramento, construíanse torres e nelas ficaban os corpos até pereceren.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de aqueménida no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Sampson, Gareth C. (2008). The Defeat of Rome: Crassus, Carrhae and the Invasion of the East. Pen & Sword Books Limited. p. 33. ISBN 978-1-84415-676-4.
Cyrus the Great, founder of the First Persian Empire (c. 550–330 BC).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Imperio Aqueménida |