Turkmenistán
Turkmenistán,[1][2][3] tamén chamado Turcomenistán,[4] ou oficialmente a República de Turkmenistán (en turcomán: Türkmenistan Riespublikasy) é un país de Asia central, que limita con Afganistán, o Irán, o mar Caspio, Casaquistán e Uzbekistán.
Historia
[editar | editar a fonte]O territorio de Turkmenistán estivo poboado desde a antigüidade. Tribos turcomás dedicadas á cría de cabalos chegaron ao territorio en tempos remotos, posiblemente procedentes das Montañas Altái, e establecéronse nos arredores do deserto de Karakum, chegando ata Persia, Siria e Anatolia.
O exército ruso fixo a súa entrada no territorio entre as décadas de 1860 e 1870. En 1869, créase o porto de Krasnovodsk, e xa en 1874 se consolidou a presenza rusa coa creación do distrito militar do Transcaspio. Anexado polo Imperio Ruso entre 1865 e 1885, en 1890 o control ruso sobre Turkmenistán era completo.
Ventos de revolución chegarían en 1917, e durante a guerra civil (1918-1920) Turkmenistán tamén estivo nas frontes de pelexa. Establecida a Unión Soviética, o territorio do Transcaspio (desde 1921 reorganizado como Turquestán) é establecido como unha república autónoma, para pasar ese mesmo ano a ser unha das repúblicas constituíntes da Unión.
Durante esta época, fíxanse as fronteiras da república soviética, e desenvólvense ambiciosos proxectos para aproveitar os seus recursos naturais para o beneficio da Unión Soviética. Créanse tamén sistemas de irrigación e, aos poucos, a produción de algodón e petróleo convértense nas actividades económicas principais.
Trala disolución da Unión Soviética, Turkmenistán converteuse nun estado independente. O controvertido presidente Separmurat Niyazov dominou a vida política do país ata o seu falecemento o 21 de decembro de 2006.
O seu sucesor, Kurbanguly Berdymukhamedov, convocou a eleccións o 11 de febreiro de 2007, nas cales resultaría electo polo 89,2% dos votos. Segundo datos oficiais, participou o 98,65% dos electores. Con todo, a oposición política denunciou a existencia de fraude.[5] Berdymukhamedov puxo en funcionamento algunhas reformas ás políticas aplicadas ata o momento, como a eliminación do nome do seu predecesor da bandeira nacional e a derrogación dunha lei que esixía dous anos de traballos antes para poder ingresar na universidade,[6] con todo ratificou a continuidade do rumbo político encarado por Niyazov.
Política
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Política de Turkmenistán.
Turkmenistán é unha república presidencialista integrada na Comunidade de Estados Independentes.
Despois da morte do presidente Separmurat Niyazov, o entón primeiro ministro Kurbanguly Berdymukhamedov asumiu o poder e iniciou tentativas de abrir o país. A constitución do país, aprobada no 2008, permite a formación de partidos políticos e a libre asociación de persoas. A anterior, de 1993, establecía un réxime de partido único.
O goberno de Niyazov, morto no 2006, chegou a esaxeracións coma a prohibición da ópera e do circo por "non seren dabondo turcománs". Niyazov gobernaba de maneira absoluta sobre o país e non toleraba ningunha oposición. No seu goberno había un moi importante culto á súa personalidade, atopábase o seu rostro por todo o país, desde os billetes de banco ata as botellas de vodka. Era chamado o Turkmenbachi (ou en galego a «Cabeza dos turcománs»). A festa nacional correspondía ao aniversario do presidente, o 19 de febreiro. Unha estatua del, en ouro fino, atopábase na capital Achkhabad.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Turkmenistán é un país de Asia central situado ao norte da cadea de montañas Kopet-Dag entre o mar Caspio e mailo río Amu-Daria. O país ten fronteiras con Casaquistán e Uzbekistán ao norte e ao nordeste, co Irán e Afganistán ao sur e ao sueste. A característica xeográfica máis significativa é o deserto do Karakorum que é o deserto máis grande do mundo, cubrindo o 80 por cento da superficie do país. A maior parte das montañas de Turkmenistán son inaccesíbeis. Os vestixios da antiga ruta da seda van da China central ata a costa mediterránea, pasando polo Turkmenistán.
O país está situado nunha das rexións sísmicas máis elevadas do mundo.
O clima é desértico subtropical con pouca chuvia.
Organización político-administrativa
[editar | editar a fonte]Turkmenistán está dividido en cinco provincias (welayatlar,singular welayat): (Balkan, Ahal, Daşoguz, Lebap e Mary) e unha cidade Autónoma Achkhabad.
División | ISO 3166-2 | Capital | Superficie (km²) | Poboación (2005) | Mapa |
---|---|---|---|---|---|
Achkhabad | Achkhabad | 470 | 871.500 | ||
Ahal | TM-A | Annau | 97.160 | 939.700 | 1 |
Balkan | TM-B | Balkanabat | 139.270 | 553.500 | 2 |
Daşoguz | TM-D | Daşoguz | 73.430 | 1.370.400 | 3 |
Lebap | TM-L | Türkmenabat | 93.730 | 1.334.500 | 4 |
Mary | TM-M | Mary | 87.150 | 1.480.400 | 5 |
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Turkmenistán.
Demografía
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para turkmeno.
- ↑ Forma empregada no VOLG (buscar "turcomán" Arquivado 31 de marzo de 2014 en Wayback Machine.).
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1446. ISBN 9788482893419.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 108. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Turkmenistán celebra hoy elecciones parlamentarias para legitimar el cambio de régimen
- ↑ El presidente turcomano retira el nombre de su predecesor de la bandera nacional
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Turkmenistán |