Taiwán
中華民國 (zh) Tiong-hoâ Bîn-kok (nan) Chûng-fà Mìn-koet (hak) 中華民國 (zh-tw) taiwan (pwn) Tiong-huâ-bîn-kok (nan) 中華民國 (nan-hani) 臺灣 (zh-tw) 台灣 (nan-hani) Tâi-oân (nan) ![]() | |||||||||||
Himno | Himno nacional de Taiwán (1928) ![]() | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lema | «sen valor» ![]() | ||||||||||
Localización | |||||||||||
| |||||||||||
Territorio reivindicado por | República Popular da China (1949–) ![]() | ||||||||||
Capital | Taipei (1949–) ![]() | ||||||||||
Contén a división administrativa | Fujian (pt) ![]() Kaohsiung (1979–) Novo Taipé (pt) ![]() Província de Taiwan (pt) ![]() Taichung (pt) ![]() Tainan (2010–) Taipei (1967–) Taoyuan (pt) ![]() ![]() | ||||||||||
Poboación | |||||||||||
Poboación | 23.593.794 (2019) ![]() | ||||||||||
Lingua oficial | mandarim taiwanês (pt) ![]() Taiwanese Hakka (en) ![]() Língua taiwanesa (pt) ![]() Lingua amis Lingua paiwan Kinmen dialect (en) ![]() O-ku-uā (en) ![]() Matsu dialect (en) ![]() língua de sinais de Taiwan (pt) ![]() Língua saisiyat (pt) ![]() Puyuma (en) ![]() Lingua atayal Língua tsou (pt) ![]() Língua bunun (pt) ![]() Lingua rukai Truku (en) ![]() Lingua seediq Lingua sakizaya Língua yami (pt) ![]() Língua kavalan (pt) ![]() Língua kanakanavu (pt) ![]() Língua saaroa (pt) ![]() ![]() | ||||||||||
Relixión | budismo, Taoísmo e Relixión tradicional chinesa ![]() | ||||||||||
Xeografía | |||||||||||
Parte de | |||||||||||
Superficie | 36.193 km² ![]() | ||||||||||
Auga | 2,8 % ![]() | ||||||||||
Bañado por | Mar da China Oriental, Estreito de Taiwán, Canal de Bashi (pt) ![]() ![]() | ||||||||||
Punto máis alto | Yu Shan (3.952 m) ![]() | ||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||
Datos históricos | |||||||||||
Precedido por | |||||||||||
Creación | 1 de xaneiro de 1912 ![]() | ||||||||||
Evento clave
| |||||||||||
Organización política | |||||||||||
Forma de goberno | República semipresidencialista democracia (1996–) república constitucional ![]() | ||||||||||
• Presidente da República da China ![]() | Lai Ching‑te (pt) ![]() ![]() | ||||||||||
Órgano executivo | Yuan Executivo (pt) ![]() ![]() | ||||||||||
• Premier of the Republic of China (en) ![]() ![]() | Chen Chien-jen (pt) ![]() ![]() | ||||||||||
Órgano lexislativo | Legislativo Yuan (pt) ![]() ![]() | ||||||||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of the Republic of China (en) ![]() ![]() | ||||||||||
Membro de | Western and Central Pacific Fisheries Commission (en) ![]() Commission for the Conservation of Southern Bluefin Tuna (en) ![]() Inter-American Tropical Tuna Commission (en) ![]() Consello de Seguridade das Nacións Unidas (1949–1971) ONU (1949–1971) Banco Asiático de Desenvolvemento (1966–) Cooperación Económica Asia-Pacífico (1991–) Banco Centro-Americano de Integração Econômica (pt) ![]() Organización Mundial do Comercio (2002–) Visa Waiver Program (2012–) ![]() | ||||||||||
Moeda | novo dólar taiwanês (pt) ![]() ![]() | ||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||
Fuso horario | |||||||||||
Dominio de primeiro nivel | .tw ![]() | ||||||||||
Prefixo telefónico | +886 ![]() | ||||||||||
Teléfono de emerxencia | 119 e 110 ![]() | ||||||||||
Código de país | TW ![]() | ||||||||||
Páxina web | gov.tw ![]() | ||||||||||
![]() |
A República da China (en chinés tradicional: 中華民國; pinyin: ZhongHuá MínGuó; Wade-Giles: Chung Hua Min Kuo), coñecida polo xeral como Taiwán[1] (en chinés tradicional: 臺灣 ou 台灣; chinés simplificado: 台湾; (mandarín) pinyin: Táiwān; Wade-Giles: T'ai-wan; Taiwanés: Tâi-oân), é un territorio asiático formado por un arquipélago do que a Illa de Taiwán (tamén chamada Formosa) é a máis importante. A República da China deixou de ser membro das Nacións Unidas cando os países membros decidiron que o fose a República Popular da China. Taiwán é recoñecido como a República da China por 14 países. Non é recoñecida pola maioría dos países do mundo, aínda que tivo e ten relacións económicas e militares con moitos deles.
Historia[editar | editar a fonte]
A illa estivo controlada entre 1624 e 1662 polos holandeses ata que foron expulsados por Cheng Cheng-Kung (鄭成功) (tamén coñecido por Koxinga), un antigo pirata ás órdes da dinastía Ming, organizando a primeira vaga de colonizadores chineses na illa, que desprazarían gradualmente os habitantes orixinais cara ó interior. Trala Guerra chino-xaponesa de 1894-1895, a China foi obrigada a ceder Taiwán ao Xapón a perpetuidade.
Tras a fin da segunda guerra mundial en 1945, o Xapón aceptou os termos da Conferencia de Potsdam que facían referencia á Conferencia do Cairo pola cal a illa retornaba á China. As tropas recentemente chegadas masacraron a uns 30.000 nativos, posteriormente chegaron dous millóns de refuxiados dende o continente, trala derrota na guerra civil a mans das forzas do Partido Comunista Chinés, comandadas por Mao Tse Tung. No tratado de paz de San Francisco que entrou en vigor o 28 de abril de 1952, Xapón renunciou formalmente á soberanía sobre a illa e sobre as Illas Pescadores. O tratado non facía referencia a quen debería entregarse a illa, o cal serviu como xustificación ós partidarios da independencia da illa.
O Kuomintang mantivo unha ditadura ata 1991, primeiro dirixida por Chiang Kai-shek, sucedido á súa morte polo seu fillo Chiang Ching-kuo, e despois por Lee teng-hui. Ata 1987 mantívose o estado de guerra, Taiwán foi o representante oficial da China na ONU ata 1979. Nos anos noventa asístese á progresiva democratización da illa, culminando nas eleccións do ano 2000, en que por primeira vez o KMT é derrotado, accedendo á presidencia Chen Shui-bian.
Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]
Oficialmente Taiwán segue considerándose a si mesma como a verdadeira representante de toda a China, polo que legalmente segue sendo unha provincia máis.
Tanto a constitución da República Popular da China como a da República da China, o réxime que exerce a soberanía real sobre a illa, consideran o territorio de Taiwán e as Illas Pescadores como unha provincia da China.
Na propia illa, o feito de que desde 1949 o territorio baixo soberanía da República da China coincida case na súa totalidade co da Provincia de Taiwán provocou unha situación paradoxal de duplicidade burocrática, ao solaparse as administracións provincial e nacional. Esta situación levou nos últimos anos a unha progresiva eliminación das institucións provinciais. Ademais, as cidades de Taipei e Kaohsiung son na actualidade independentes do goberno provincial de Taiwán, atopándose baixo administración directa do goberno central.
A República Popular da China, aínda que reivindica este territorio como provincia propia, nunca exerceu a soberanía política sobre este.
Xeografía[editar | editar a fonte]
A illa de Taiwán está situada a 200 quilómetros ó sueste da China continental, separadas polo estreito de Taiwán. Existe un contraste entre os dous terzos orientais da illa, cun terreo moi montañoso, con cinco cordilleiras dispostas de norte a sur, culminando no pico Iu Shan a 3.952 metros. A zona chá está na costa occidental, onde se concentra case toda a poboación.
O clima de Taiwán é tropical marítimo. A estación das choivas dura dende xuño ata agosto afectada polo monzón do suroeste. Son frecuentes os Tifóns e os terremotos na illa.
Economía[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Economía de Taiwán.
A chegada de chineses de clase media e alta en 1949, tradicionalmente dedicados ó comercio, os investimentos xaponeses e os de Estados Unidos, converteron a Taiwán nun dos novos países industrializados. O país adaptouse ben á Crise de 1973, reconvertendo as súas industrias ó sector das altas tecnoloxías, e hoxe é un dos primeiros fabricantes mundiais de microprocesadores.
Recentemente Taiwán pasou a converterse nun dos maiores investidores na República Popular da China. Estas relacións económicas víronse reforzadas en 2014 coa entrada en vigor do acordo de Libre Comercio entre a China e Taiwán.
Demografía[editar | editar a fonte]
Case tódolos taiwaneses son descendentes de emigrantes da China continental, chegados nos séculos XVII e XIX e sobre todo en 1949, cando os partidarios do Kuomintang se refuxiaron na illa.
Dos habitantes orixinarios da illa (malaio-polinesios), só uns 370.000 sobreviven nas zonas montañosas do interior da illa.
Cultura[editar | editar a fonte]
Lingüisticamente, a illa de Taiwán está considerada o berce das linguas malaio-polinesias, xa que dos catro grupos nos que se divide a familia todos están presentes na illa e un deles é a orixe do resto de linguas que se falan en Madagascar, Indonesia, Filipinas e a Polinesia.
Deporte[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Taipei chinés nos Xogos Olímpicos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial do goberno (en inglés)
- Directorio oficial (en inglés)
- Radio Taiwan Internacional
- Relacións entre Taiwán e a UE (en francés)