Kaohsiung
高雄市 (zh-tw) Ko-hiông-chhī (nan) 高雄市 (nan-hani) Ko-hiông-tshī (nan) ![]() | |||||
Símbolo oficial | Olho-branco-do-japão (pt) ![]() Ceiba speciosa (flor) Ceiba speciosa (árbore) ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Q96175961 ![]() ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
País insular | Taiwán ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.733.964 (2023) ![]() | ||||
Número de fogares | 1.157.284 (2024) ![]() | ||||
Lingua usada | Língua saaroa (pt) ![]() Língua kanakanavu (pt) ![]() Lingua rukai Língua bunun (pt) ![]() mandarín taiwanés Língua taiwanesa (pt) ![]() Sixian dialect (en) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2.951,8524 km² ![]() | ||||
Bañado por | Gaoping River (en) ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Altitude | 9 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 25 de decembro de 2010 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Kaohsiung City Government (en) ![]() ![]() | ||||
• Alcalde ![]() | Daniel Han (en) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Kaohsiung City Council (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 7 ![]() | ||||
ISO 3166-2 | TW-KHH ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Malé Blantyre Knoxville Macon Matsumoto Barranquilla Busan Brisbane Fort Lauderdale Río de Xaneiro Pensacola (pt) ![]() Little Rock Colorado Springs Seattle condado de Honolulu (1962–) Honolulu (1962–) Tulsa (1980–) San Antonio (1982–) ![]() | ||||
Sitio web | kcg.gov.tw ![]() | ||||
![]() ![]() |
Kaohsiung é a segunda cidade máis importante de Taiwán (1 526 594h, 2009). Situada no extremo meridional da illa homónima, xunto a costa do Mar do Sur da China, na entrada do estreito de Taiwán.
Centro portuario, pesqueiro e industrial de importancia, era apenas unha aldea de pescadores ata 1858, en que as excelentes condicións da baía fronte a que se asenta a levaron a se converter en activo porto. Máis tarde, entre 1893-1945, cando a ocupación polos xaponeses e co nome de Takao, estes desenvolveron plenamente o porto e a súa base industrial.
A finais de 2010, produciráse a unión administrativa co Kaohsiung County, o que a levará a se converter nunha metrópole de case que tres millóns de habitantes.
Pobo pesqueiro
[editar | editar a fonte]Nunha área habitada por varias culturas dende o neolítico, non foi ata comezos do século XVII cando os chineses han da dinastía Ming estableceron o primeiro asentamento pesqueiro na ourela sur da estreita baía (na alongada illa Cijin que a pecha), que chamaron Takau pola tribo aborixe Makatao que a ocupaba. Entre 1624 e 1660, cando a ocupación holandesa da rexión, foi coñecida coma Tancoya e o porto Tancoia, sendo xa un dos máis importantes de pesca no sur da illa.

A partir de 1630 comezou unha grande inmigración dende a provincia de Fuxian no continente debido a época da fame, que fará incrementar a poboación na área especialmente cara a 1680. Neses anos tivo asento na zona o Reino de Tungning (continuísta da dinastía Ming fronte a invasora Qing) que estableceu no distrito de Zuoying da actual cidade (no norte) a capital do condado de Wannian. Ergueron templos e foi fortificada con muralla circular xa no século XVIII (2,6 km, primeira de Taiwán, 1722). Foi destruída en 1761 e reconstruída en 1825-9 (máis de 4 km) pero abandonada de inmediato polos malos augurios e construída na nova capital do condado.
Os Qing conquistaron a illa en 1683 e terminaron trasladando a capital do novo condado de Fengshan ao leste de Takau (hoxe Fengshan, 1788 [1]). Takau quedou convertida no seu porto polos dous séculos seguintes. Os Qing fixeron obras de ampliación e abrírono ao tráfico xeral, co cal o asentamento comezou a teres certa relevancia.
Porto internacional
[editar | editar a fonte]
Pero non foi ata a segunda metade do século XIX cando comezou a se converteres nunha verdadeira cidade. Despois da segunda guerra do Opio, o Tratado de Tianjin de 1858 forzou a apertura chinesa de novos portos ao comercio estranxeiro. Tres anos despois foi engadido o de Takau.
Dende 1863, ano no que se estableceu a aduana e o consulado británico, as delegacións e asentamentos comerciais doutras nacións empezaron a desenvolver o porto na ourela norte da baía.
Ocupación xaponesa: Takao
[editar | editar a fonte]Porén, a súa conversión nun porto moderno foi levada adiante polos xaponeses no tempo do seu dominio de Taiwán (1894-1945). O chamaron Takao e de seguido fixeron estudos e plans (1900-1906) para darlle profundidade e extensión mediante recheos, e para traer o ferrocarril, tarefas que implementaron nas décadas seguintes [2].
A vez que o porto, cos cascallos da súa dragaxe, creouse novo solo onde asentar a cidade. Así o primeiro planeamento urbano en Taiwán (1908, 42.000h [3][4]) foi o barrio de Hamasen e contiguo, nas antigas salinas xunto a foz do río Ai, o distrito de Yancheng [5]. A industria que moveu todo este desenvolvemento foi a do azucre (factorías dende 1901), e significou o preámbulo da revolución industrial da illa.
Kaohsiung
[editar | editar a fonte]En 1920, nunha reorganización administrativa pola crecente importancia de Takao fronte a capital do condado, Fengshan, aparece a súa transcrición fonética Kaohsiung ao mandarín romanizado. De seguido, en 1924, establécese a cidade de Kaohsiung como prefectura independente.
En 1936 foi anunciado o Proxecto de Planeamento Urbano de Kaohsiung que estendería a cidade ao leste do río Ai (distrito de Qianjin), e nas décadas sucesivas, despois da retrocesión de Taiwán a China (1945), continuaría ao norte (ata a vella cidade amurallada de Zuoying), leste (ata a antiga Fengshan) e sur da municipalidade (ata o fondo da baía) completando a metrópole actual.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mapa mostrando a muralla circular do condado de Wannian e a posterior do condado de Fengshan ao norte e leste respectivamente do porto de Takau [1][Ligazón morta]
- ↑ Desenvolvemento de Takao durante a ocupación xaponesa[Ligazón morta]
- ↑ Plan do recheo de Hamasen e Yancheng con terminal de ferrocarril e gran peirao [2]
- ↑ A cidade ao final da ocupación xaponesa
- ↑ "Cómic ilustrando o xurdimento de Yancheng". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 28 de novembro de 2009.