Emblema de Turkmenistán
Aparencia
Emblema de Turkmenistán | |
---|---|
Versións | |
2000-2003 | |
Detalles | |
Armiger | Turkmenistán |
Adoptado | 1991 |
Crista | Unha lúa crecente con cinco estrelas de prata |
Escudo | Un disco en azur cunha representación do cabalo Akhal-Teke, rodeado por cinco alfombras, sete flores e trigo. |
Outros | Emblema de oito puntas, coñecido como Rub El Hizb (۞) |
O emblema de Turkmenistán é un dos símbolos do país. Foi creado despois de que Turkmenistán conseguise a independencia da Unión Soviética en 1991. A estrela de oito puntas (coñecida como Rub El Hizb (۞), un símbolo do islam que profesan a maioría dos turcománs) con bordos de ouro, ten no seu centro un disco con trigo, cinco alfombras e un cabalo de raza Akhal-Teke, máis concretamente o do antigo presidente, o cal foi unha fonte de orgullo para o pobo turcomán. Unha variante redonda do emblema foi usada entre 1992 e 2003.[1]