Tunisia
تونس (ar) Tunisia (ms) Tunisia (en) الجمهورية التونسية (ar) Republic of Tunisia (en) Republik Tunisia (ms) ![]() | |||||
Himno | Humat al-Hima (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «حرية، كرامة، عدالة، نظام» «Rhyddid, urddas, cyfiawnder, a threfn» ![]() | ||||
Epónimo | Tunes ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Tunes ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.565.204 (2018) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua árabe ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 163.610 km² ![]() | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo ![]() | ||||
Punto máis alto | Djebel Chambi (pt) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | Shatt al Gharsah (en) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 20 de marzo de 1956 ![]() | ||||
Evento clave | |||||
Día festivo | Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) Aninovo (1 de xaneiro) Eid al-Fitr (1 Shawwal (en) ![]() Eid al-Adha (10 Dhu al-Hijjah) Ano novo musulmán (1 Muharam) Mawlid (12 Rabi' al-awwal (en) ![]() National Women's Day (en) ![]() Evacuation Day (en) ![]() Events of 9 April 1938 (en) ![]() Revolução de Jasmim (pt) ![]() Isra e Miraj (pt) ![]() ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | República parlamentaria República semipresidencialista ![]() | ||||
• Presidente da Tunísia (pt) ![]() ![]() | Kaïs Saïed (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano executivo | Government of Tunisia (en) ![]() ![]() | ||||
• Primeiro-ministro da Tunísia (pt) ![]() ![]() | Ahmed Hachani (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Assembly of the Representatives of the People (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 46.687.298.709 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | dinar tunisiano (pt) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .tn ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +216 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 190 (en) ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Código de país | TN ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Tunisia[1][2] (en árabe : al-Jamhuriya at-Tunisia, الجمهورية التونسية), é un país árabe de África do norte, limitado polo Mediterráneo. É un país do Magreb, coma Marrocos, Mauritania, Alxeria e Libia. Situada no norte do país, a súa capital é Tunes.
Coa independencia o 20 de marzo do 1956, unha asemblea constituínte foi elixida, que aboliu a monarquía bey da dinastía huseinita no poder desde 1705 e proclamou a república o 25 de xullo do 1957 con Habib Bourguiba coma presidente.
Tunisia é un destino popular dos turistas europeos que visitan Hamamato, Monastir, Souse e o Porto El-Kantaoui, o deserto do Sáhara no sur, e os sitios arqueolóxicos coma Cartago ou Dougga.
Historia
[editar | editar a fonte]Tunisia está poboada desde a prehistoria. Os seus primeiros habitantes coñecidos son os bérberes.
- 814 A.C.: Fundación de Cartago por colonos fenicios, conducidos pola raíña Dido. A nova cidade desenvólvese axiña, converténdose nunha potencia que inqueda a Roma.
- 264 - 146 A.C.: Tres guerras contra Roma, pasadas á posteridade baixo o nome das guerras púnicas, dando lugar, entre outras, á fantástica expedición conducida por Haníbal que atravesa os Alpes cos seus elefantes (218 - 202 A. C). Estas guerras rematan coa derrota de Cartago.
- 146 A.C. - 439: Establecemento da primeira colonia romana, Africa. O país coñece unha grande prosperidade. Desenvólvense a agricultura e a urbanización.
Era árabe-musulmá
[editar | editar a fonte]
- 647-698: Comezo da era árabe-musulmá. Fundación de Kairouan por Oqba Ibn Nafaa (en 670) e toma de Cartago polos árabes no 698.
- 800-909: Expansión do islam e establecemento da dinastía dos Aghlabidos (construción da mesquita de Zitouna de Tunis). Kairouan é entón o centro político e intelectual do Magreb.
- 909-1159: Dinastías fatimida e zirida. Mahdia, fundada en 921, convértese na capital do país.
- 1159-1230: Os Almohades unen os país do Magreb e a Andalucía musulmá.
- 1236: Os Hafsides, vasalos dos Almohades, decláranse independentes e fundan unha nova dinastía en Tunisia que reina ata o 1574.
- 1574: A Tunisia é anexada ao Imperio Otomán.
- 1705: Fundación da dinastía huseinita (botada o 25 de xullo do 1957).
Protectorado francés
[editar | editar a fonte]
1881-1956: Protectorado francés, establecido o 12 de maio de 1881. A resistencia anticolonial dura durante practicamente a totalidade dos 75 anos da dominación francesa.
Independencia
[editar | editar a fonte]O 20 de marzo de 1956 Tunisia obtén a independencia. O 25 de xullo de 1957 proclamouse a república, nomeándose a Habib Bourguiba presidente da Tunisia independente.
O 1 de xuño de 1959 adoptouse a primeira constitución republicana.
O 15 de outubro de 1963 as tropas francesas evacuaron Bizerte, a súa última base no país.
O 7 de novembro de 1987 o primeiro ministro Zina el-Abidina Ben Ali depuxo o presidente Bourguiba, xulgado por incapacidade de continuar as súas funcións.
O 14 de xaneiro de 2011 un levantamento popular depuxo o presidente Ben Ali e mandouno ao exilio a Arabia Saudita.
División administrativa
[editar | editar a fonte]
Tunisia atópase dividida en 24 provincias:
As provincias están divididas en 264 " delegacións" ou "distritos" (mutamadiyat), e subdivididos en municipios (shaykhats' ') e sectores (imadats).
Política
[editar | editar a fonte]Gobernantes dende 1957:
- Habib Bourgiba (1957-1987)
- Zine al-Abidine Ben Alí (1987-2011)
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xeografía de Tunisia.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Tunisia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tunisiano.
González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-041-4. - ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1446. ISBN 9788482893419.