Saltar ao contido

Al-Andalus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAl-Andalus
الأندلس (ar) Editar o valor en Wikidata

Epónimovaliato de al-Ándalus Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°N 4°O / 37, -4
Poboación
Lingua oficiallingua árabe Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Disolución2 de xaneiro de 1492 Editar o valor en Wikidata
Evento clave

Al-Andalus e os reinos cristiáns arredor do ano 1000.
Corán do século XII utilizado en Al-Ándalus.

Al-Andalus (en árabe: الأندلس) foi o nome dado á Península Ibérica polos seus conquistadores islámicos do século VIII, sendo empregado para se referiren á península independentemente do territorio politicamente controlado polas forzas islámicas.

Inicialmente integrado na provincia norteafricana do imperio omeia, o Al-Andalus sería un emirato (756929) e posteriormente un califato independente do poder abbásida (9291031). Coa disolución do califato en 1031, o territorio pulverizouse en varios reinos de Taifas.

Coa reconquista dos territorios polos cristiáns, descendentes dos hispanovisigodos, que se refuxiaran nas zonas do norte da Península, nun proceso que ficou designado historicamente por Reconquista, o nome Al-Andalus foise adecuando ó cada vez menor territorio baixo ocupación árabe-musulmá, na metade sur da península, aproximadamente a mesma area da antiga provincia romana Bética, cuxas fronteiras foran progresivamente empurradas para o sur, até a toma de Granada polos Reis Católicos.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome Al-Andalus apareceu por primeira vez como designación para a Península Ibérica en 716, nunha moeda bilingüe que foi alí acuñada. Nesa moeda a verba Span(ia), en latín, correspondía a Al-Andalus, en árabe.

Segundo Reinhardt Dozy (1820-1883), investigador neerlandés do islam, a verba Al-Andalus estaría relacionada ó vocábulo Vandalicia, nome que el afirmaba ter recibido a Bética romana cando os vándalos alí se asentaran entre 409 e 429 d.C.. Esta posición foi compartida por outros estudosos, entre eles Évariste Lévi-Provençal, mais nunca foi posible atopar probas documentais que mostren que a Bética foi algunha vez chamada Vandalicia.

O filólogo español Joaquín Vallvé Bermejo, na súa obra La división territorial de la España musulmana, afirma que Al-Andalus ten a súa orixe en Jazirat al-Andalus, a "illa do Atlántico" ou Atlántida. De acordo con este catedrático, a lenda da Atlántida de Platón foi transmitida para o mundo árabe antes do nacemento do islam no século VII, como revela a poesía preislámica, que xa fai referencia a un Al-Andalus.

A semellanza do que sucedeu no dominio artístico, os árabes e bérberes que se asentaron na Península Ibérica no século VIII comezaron por recorrer ós saberes legados pola civilización visigoda.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]