Gran Enciclopedia Aragonesa
Gran Enciclopedia Aragonesa | |
---|---|
![]() | |
Título orixinal | Gran Enciclopedia Aragonesa |
Lingua | lingua castelá |
Tema(s) | Aragón |
Data de pub. | 1977 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Gran Enciclopedia Aragonesa, a miúdo abreviada como GEA, é unha enciclopedia temática sobre Aragón.
Historia
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]O precedente da GEA é a obra Los aragoneses,[1] publicada en 1977 pola editorial Istmo, entre cuxos autores se atopa Eloy Fernández Clemente.
Edicións impresas
[editar | editar a fonte]En 1978, José Mª Sáiz fundador da editorial Unión Aragonesa del Libro (UNALI) propón a Eloy Fernández Clemente dirixir unha enciclopedia sobre Aragón,[2] que verá a luz entre 1980-1981. Esta primeira edición da Gran Enciclopedia Aragonesa publicouse en 12 tomos e tivo unha grande acollida.
Entre 1983 e 2007, publicáronse os Apéndices I a V. Foron directores dos apéndices: Eloy Fernández Clemente (I, III e IV), Manuel Martín Bueno (II) e Wifredo Rincón García (V).
En 1999, a editora do xornal El Periódico de Aragón adquiriu os dereitos da enciclopedia e actualizouna, publicando ó ano seguinte unha nova edición da que se venderon máis de 8000 exemplares.[3] Esta nova edición é popularmente coñecida como GEA 2000.
GEA 2000 reordenou todas as voces e incluíu nunha mesma orde alfabética as de todos os apéndices publicados até entón, Apéndice I (1983), Apéndice II (1987) e Apéndice III (1997), polo que esa nova edición consta de 16 tomos.
GEA OnLine
[editar | editar a fonte]A enciclopedia comezou a dixitalizarse en 2002, e en setembro de 2003 lanzouse a versión 1.0 da Gran Enciclopedia Aragonesa On-Line, que será coñecida como GEA OnLine. O Goberno de Aragón apoiou a revisión e actualización dos contidos da enciclopedia en liña para adaptalos ó currículo aragonés e fomentar así a súa utilización didáctica, á vez que o seu acceso libre a través de Internet.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Borrás 2010, p. 176.
- ↑ Pinilla 2010, p. 92.
- ↑ Gran Enciclopedia Aragonesa. "Quiénes somos". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2016.
- ↑ Gobierno de Aragón, Departamento de Presidencia 2007, p. 11028.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pedro Rújula (Coord.) (ed.). "Compañeros de viaje". EFC: Eloy Fernández Clemente: El tiempo y la historia. Ayuntamiento de Andorra & Centro de Estudios Locales. ISBN 978-84-936068-5-5.
- Gobierno de Aragón, Departamento de Presidencia. "ORDEN de 5 de julio de 2007, del Departamento de Presidencia y Relaciones Institucionales, por la que se dispone la publicación del Adenda al Convenio marco de colaboración suscrito con fecha 18 de junio de 2007, entre el Ministerio de Industria, Comercio y Turismo y la Comunidad Autónoma de Aragón, para el desarrollo del Programa Ciudadanía Digital 2007-2010, en el ámbito del plan Avanza" (84). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 23 de novembro de 2016.
- Gran Enciclopedia Aragonesa. "Quiénes somos". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2016.
- Pedro Rújula (Coord.) (ed.). "El hombre público: de los años 80 a la actualidad". EFC: Eloy Fernández Clemente: El tiempo y la historia. Ayuntamiento de Andorra & Centro de Estudios Locales. ISBN 978-84-936068-5-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Portada da GEA Arquivado 20 de maio de 2012 en Wayback Machine..