Saltar ao contido

Deputación Xeral de Aragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Real Casa da Misericordia, sede do Goberno de Aragón.

A Deputación Xeral de Aragón ou Goberno de Aragón (oficialmente: Diputación General de Aragón) é o órgano de goberno que representa o poder executivo da Comunidade Autónoma de Aragón, nacido durante a Transición Española como órgano executivo preautonómico, e unha das institucións propias que integran a Comunidade Autónoma, xunto ás Cortes de Aragón (poder lexislativo), e o presidente da Deputación Xeral, elixido polas Cortes.

A súa sede principal áchase na Real Casa da Misericordia en Zaragoza, edificio tamén chamado El Pignatelli. Ten a súa orixe histórica na Deputación do Xeneral do Reino de Aragón ou Generalidad de Aragón, vixente entre 1364 e 1708.

Composición

[editar | editar a fonte]

O seu Presidente é elixido polas Cortes de Aragón. A día de hoxe conta con 10 membros, entre Conselleiros e a presidenta do executivo, Luisa Fernanda Rudi.[1][2]

Cargo Nome
Presidencia da Deputación Xeral de Aragón Luisa Fernanda Rudi (PP)
Departamento de Presidencia e Xustiza Roberto Bermúdez de Castro (PP)
Departamento de Facenda e Administración Pública José Luis Saz Casado (Indep.)
Departamento de Economía e Emprego Francisco Bono Ríos (Indep.)
Departamento de Obras Públicas, Urbanismo, Vivenda e Transportes Rafael Fernández de Alarcón (Indep.)
Departamento de Política Territorial e Interior Antonio Suárez Oriz (PP)
Departamento de Agricultura, Gandería e Medio Ambiente Modesto Lobón Sobrino (PP)
Departamento de Industria e Innovación Arturo Aliaga López (PAR)
Departamento de Educación, Universidade, Cultura e Deporte María Dolores Serrat (PP)
Departamento de Sanidade, Benestar Social e Familia Ricardo Oliván Bellosta (PP)

Presidentes

[editar | editar a fonte]

Réxime preautonómico

Réxime autonómico

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]