AMOS 3
AMOS 3 | |
---|---|
Tipo | Satélite de comunicacións |
Fabricante | Thales Alenia Space, Israel Aerospace Industries |
Data de lanzamento | 28 de abril de 2008[1] |
Foguete portador | Zenit-3SLB |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur |
NSSDC ID | 2008-022A |
Masa | 1300 kg[2] |
Datos orbitais | |
Inclinación | 0 graos[1] |
Apoapse | 35 798,4 km[1] |
Periapse | 35 787,8 km[1] |
AMOS 3 (עמוס 3 en hebreo) é un satélite de comunicacións comercial israelí lanzado por un foguete Zenit-3SLB o 28 de abril de 2008 desde o cosmódromo de Baikonur, en Kazakhstán, a unha órbita xeoestacionaria. Foi o terceiro satélite de comunicacións israelí.
Características
[editar | editar a fonte]AMOS 3 é operado por Spacecom. Foi situado nunha posición a 4º de latitude oeste para substituír a AMOS 1 (vendido a Intelsat e coñecido agora como Intelsat 24). Leva quince transpondedores en banda Ku e o seu tempo estimado de vida é de 18 anos.
Foi lanzado por un foguete Zenit na súa configuración Zenit 3SLB, sendo o primeiro lanzamento desta configuración e o primeiro contratado á organización Land Launch.
Orixinalmente o satélite debería ter sido posto en órbita en 2007, atrasándose para marzo de 2008, e sendo posposto ata o 24 de abril de 2008. O lanzamento do 24 de abril foi abortado por razóns técnicas.[3] A causa foron problemas co sistema de erección e transporte do foguete, que fallou en retirarse e apartarse do foguete para o seu lanzamento.
Notas
[editar | editar a fonte]- Wade, Mark (2011). Encyclopedia Astronautica, ed. "AMOS 3" (en inglés). Consultado o 24 de xuño de 2011.
- Krebs, Gunter (14 de marzo de 2011). "Amos 3 (Amos 60)" (en inglés). Consultado o 26 de xuño de 2011.