Saltar ao contido

ARCO

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Interior da Feira ARCO.

ARCO (Feira Internacional de Arte Contemporánea), é unha das máis importantes feiras da arte contemporánea a nivel internacional e tamén está considerada como un espazo privilexiado de exposición da arte contemporánea de América Latina. Foi inaugurada en 1982 e celébrase durante o mes de febreiro en Madrid no recinto do Ifema. Adoita ser inaugurada cada ano polo rei e a raíña de España.[1]

O 10 de febreiro de 1982 abríronse por primeira vez as portas de ARCO, esta primeira edición celebrouse no Palacio de Exposicións do Paseo da Castellana en Madrid. A iniciativa, que nun primeiro momento foi mirada por algús artistas como o pintor Antonio Saura con incredulidade e escepticismo[2],foi impulsada por Francisco Sanuy, primeiro director de IFEMA e Adrián Piera, presidente da Institución Feiral e da Cámara de Comercio e Industria de Madrid, e sobre todo pola galerista Juana de Aizpuru auténtica alma mater do proxecto coa colaboración de Rosina Gómez Baeza, encargada naqueles tempos da área de desenvolvemento de novos proxectos feirais.

Primeira edición

[editar | editar a fonte]

A feira estaría dirixida na súa primeira etapa pola sevillana Juana de Aizpuru, até o ano 1986 momento no que Rosina Gómez-Baeza colle o relevo. Na súa primeira edición participaron en ARCO un total 364 artistas a través de 90 galerías, das cales 62 foron nacionais e 28 estranxeiras. Ademais da exposición de pinturas, esculturas, fotografías e outras creacións plásticas. No marco da feira celebrouse un simposio sobre arte contemporánea no que participaron figuras de renome internacional como Giulio Carlo Argan, Achille Bonito Oliva ou Bárbara Rose. Xunto a eles, máis de 25 mil visitantes lograron exceder todas as expectativas de público que se marcou a feira[3].

Obxectivos

[editar | editar a fonte]

Entre os obxectivos principais de ARCO destacan o desexo de impulsar o mercado nacional de arte contemporánea, creando unha rede de compradores (con especial atención cara ao impulso privado e promocionar a arte española a nivel internacional; reunir ás principais galerías a nivel nacional e internacional e crear un ambiente cultural propicio para o fomento das últimas tendencias con gran presenza dos novos medios como a instalación, a fotografí­a, o deseño, a vídeoarte ou a performance; sen esquecer o protagonismo da pintura e a escultura[4].

Evolución

[editar | editar a fonte]

Cos anos e o transcorrer das edicións ARCO consolidouse coma unha das máis importantes feiras do sector a escala internacional, converténdose nunha cita obrigada para o colecionismo de arte contemporánea.

Dirección

[editar | editar a fonte]
  • Juana de Aizpuru, de 1982 a 1986
  • Rosina Gómez-Baeza, de 1986 a 2006
  • Lourdes Fernández, de 2006 a 2010
  • Carlos Urroz, de 2010 a 2019
  • Maribel López, 2020

Arte galega en ARCO

[editar | editar a fonte]

Nunha primeira etapa as galerías galegas, entre as máis senselleiras, a Galería Trinta de Santiago de Compostela desde 1986 e as viguesas Adhoc e Bacelos desde 1993, forón habituáis da cita feiral durante décadas representando a unha nova xeración de artistas galegos que tiverón no evento unha plataforma de visbilidade internacional de primeira orde. Durante algunhas edicións a feira chegou a contar con 4 galerías galegas coa incorporación da galería SCQ de Santiago de Compostela e a galería Marisa Marimón de Ourense. Entre os artistas máis presentes na feira durante este período estarían Jorge Perianes, Suso Fandiño, Álvaro Negro, Carme Nogueira, Jorge Barbi, Berta Cáccamo, Xoán Anleo, Francisco Leiro ou Ruben Ramos[5]. Nos últimos anos a presenza foise reducindo paulatinamente até contar só coa presenza da galería PM8 de Vigo.

  1. Bonnet, Dominique (27 de febreiro de 2020). "Letizia très en beauté pour lancer ARCO 2020 dans une nouvelle robe Maje". parismatch.com (en francés). Consultado o 11 de outubro de 2020. 
  2. "ARCO 82 1ª PARTE de Tino Calabuig". youtube. Consultado o 13/10/20. 
  3. Ruiz, Ignacio (2004). ARCO : arte y mercado en la España Democratica. Murcia : Region de Murcia. ISBN 978-84-609-2180-6. 
  4. "ARCO Historia de un museo". Cromacultura. Consultado o 11/10/20. 
  5. "ARCO acogerá las propuestas de tres galeristas gallegos". 12/02/2011. Consultado o 23/10/2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]