AS Saint-Étienne
Saint-Étienne | |||
---|---|---|---|
Nome | Association Sportive de Saint-Étienne Loire | ||
Alcume(s) | Les Verts | ||
Fundación | 1919 | ||
Estadio | Stade Geoffroy-Guichard, Saint-Étienne, Francia | ||
Inauguración | 1931 | ||
Capacidade | 42 000 | ||
Presidente | Bernard Caiazzo Roland Romeyer | ||
Adestrador | Jean-Louis Gasset | ||
Liga | Ligue 1 | ||
2016–17 | 8º | ||
Na rede | |||
http://www.asse.fr/ | |||
| |||
A Association Sportive de Saint-Étienne Loire é un club de fútbol francés, da cidade de Saint-Étienne en Ródano-Alpes. Foi fundado en 1933 e xoga na Ligue 1 francesa. A pesar de provir dunha cidade de 180 000 habitantes, é o club con máis títulos de Francia.
Historia
[editar | editar a fonte]En xullo de 1909 a Asociación de empregados da Société des magasins Casino crea un club polideportivo, o ASC (polas iniciais da asociación). En 1920 este club chamouse l'Amical Sporting Club, para poder manter as iniciais.
En 1933 o equipo vólvese profesional e cámbiase o nome polo actual, Association Sportive de Saint-Étienne Loire que debutaría na máxima categoría do fútbol francés na tempada 1938-39. Pero non seria ata 1957 cando chegase o maior logro da entidade ata ese momento, a proclamación como campión de liga e a súa primeira participación na Copa de Europa ante o Glasgow Rangers.
Con todo a era dourada dos "verdes" chegaría con Roger Rocher como presidente, durante esta etapa obtería nove ligas, das cales tres foron consecutivas, e seis copas de Francia, a primeira en 1962. Ademais logra chegar á final da Copa de Europa da tempada 1975-76 onde caería derrotado por 0-1 ante o Bayern de Múnic.
En 1981 o club consegue o seu décimo título de liga que lle vale para ser o único equipo de Francia que pode ter no seu escudo a estrela que simboliza as dez ligas. Un ano máis tarde, en 1982, Roger Rocher deixa de ser presidente do club, marcado o seu final o seu ingreso en prisión por mor de falta de pagamentos aos xogadores.
No ano 2006 o xornal L'Equipe Magazine distinguiu ao club como o mellor equipo de fútbol francés de todos os tempos. O Saint-Étienne é o club francés que máis Ligas gañou, dez en total.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta verde, pantalón branco e medias verdes.
- Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón verde e medias brancas.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Ligue 1 (10): 1957, 1964, 1967, 1968, 1969, 1970, 1974, 1975, 1976, 1981
- Copa de Francia (6): 1962, 1968, 1970, 1974, 1975, 1977
- Copa Charles Drago (2): 1955, 1958
- Supercopa de Francia (5): 1957, 1962, 1967, 1968, 1969
- Ligue 2 (3): 1963, 1999, 2004
- Subcampión da Ligue 1 (3): 1946, 1971, 1982
- Subcampión da Copa de Francia (3): 1960, 1981, 1982
- Subcampión da Supercopa de Francia (1): 1970
- Subcampión da Ligue 2 (2): 1938, 1986
Torneos internacionais
[editar | editar a fonte]- Subcampión da Liga de Campións da UEFA (1): 1976
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en francés)
- Web de hinchas (en francés)