A Asperiña, Carballedo, Cerdedo-Cotobade
A Asperiña | |
---|---|
Muíño no rego de Chan das Latas. | |
Parroquia | Carballedo |
Concello | Cerdedo-Cotobade |
Coordenadas | 42°28′23″N 8°28′25″O / 42.473055555556, -8.4736111111111 |
Poboación | 23 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Asperiña é un lugar da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2007 tiña 23 habitantes (10 homes e 13 mulleres), dous menos ca en 2006.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Neste lugar están o muíño da Ouriceira e o muíño do Lombiño, os dous no rego de Chan das Latas (afluente do río Almofrei).
Tamén hai tres petróglifos. O da Cova da Serpe é unha rocha na cima dun outeiro, gravada na idade de Bronce. O petróglifo de Chan das Latas inclúe unha pedra gravada na idade de Ferro cunha combinación circular, e un grupo de tres pedras gravadas na idade de Bronce e unha mámoa. Estas últimas pedras inclúen combinacións circulares e un círculo con cazoletas.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Carballedo
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|
A Asperiña | O Berberote | A Braña | A Chan | O Comareiro | A Cuqueira | Doade | A Igrexa | A Lomba | Paraños | Pazos | Silvela | Sión | Trabazo |