Saltar ao contido

A Cidá, O Irixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Cidá
Cruceiro a carón da igrexa de Santa Mariña da Cidá.
ConcelloO Irixo[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°30′37″N 8°08′40″O / 42.5102705, -8.14442367
Poboación49 hab. (2017)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Mariña da Cidá é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 70 habitantes, deles 33 eran homes e 37 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial é de finais do século XVIII, se ben foi modificada en reformas posteriores. A nave ten tres corpos separados por arcos de medio punto. A capela maior ten dous arcos laterais, antigamente capelas de seu. 0 arco da dereita abriuse para dar paso á sancristía en 1843, sendo párroco Antonio Lence. A fachada é lisa, con espadanas de dous ocos para campás. Ten unha porta no lado sur e unha ventá circular con motivos decorativos na base. O altar foi feito en 1967, adaptado á nova liturxia tralo Concilio Vaticano II.

O retablo maior ten trazos manieristas do século XVI nas pezas e a organización do ático, de estilo rococó (século XVIII) no corpo e predominio neoclásico (finais do XVIII e comezos do XIX) nas columnas. Ten imaxes de Cristo crucificado e de Santa Mariña do século XVIII. O retablo colateral esquerdo é neoclásico, coas imaxes de San Roque, a Virxe do Carme e Santo Antón. Hai unha pequena talla de pedra en vulto redondo representando unha muller sentada, coñecida como A Dama da Cidá, de finais do século XIX ou comezos do XX.

Hai un copón do século XVI, unha custodia tipo sol de prata do século XVIII, e varios cálices de prata lisos dos séculos XVIII e XIX.

No adro hai varios panteóns en pedra. Nun deles repousan os restos de Emilio Duro Peña, que foi arquiveiro da Catedral de Ourense. Xunto á igrexa hai un cruceiro, de comezos do século XX, con labra acanalada no fuste.

No lugar de Orros hai unha ermida adicada á Nosa Señora de Lourdes, do século XX.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares da Cidá

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia da Cidá no concello do Irixo (Ourense)

Os Casares | Nabás | Orros | Paredes | Valdesoiro

Parroquias do Irixo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias do Irixo

Campo (Santa María) | Cangues (Santo Estevo) | A Cidá (Santa Mariña) | Corneda (Santiago) | Dadín (San Pedro) | Espiñeira (San Pedro) | Froufe (San Xoán) | Loureiro (Santa Mariña) | Parada de Labiote (San Xulián) | Reádigos (Santa Baia) | O Regueiro (San Pedro) | San Cosmede de Cusanca (San Cosmede)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]