A Fuliada
A Fuliada | |
---|---|
País | España |
Lugar | Betanzos e A Coruña |
Lingua | lingua galega |
Fundación | 1887 |
Circulación | |
Frecuencia | 1 semana |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Fuliada foi unha revista editada en Betanzos e A Coruña de 1887 a 1888, monolingüe en galego.
Historia e características
[editar | editar a fonte]A Fuliada de Betanzos
[editar | editar a fonte]Subtitulada Cencerrada semanal. Pr’os xueves d’o ano todo, apareceu en Betanzos en marzo de 1887, como continuación de O Antroido. Editada por A. Amenedo Ponte e dirixida por Ángel Vázquez Taboada. Publicada integramente en galego. Atacou o periódico conservador e católico Las Mariñas. Ángel Vázquez Taboada e A. Amenedo Ponte, o editor da revista, instálanse na Coruña por motivos laborais a principios de 1888.
A Fuliada da Coruña
[editar | editar a fonte]A Fuliada ou zanfona semanal d'alegrias ou de bágoas segun qu'o pobo gallego s'adivirte, canta ou laya, apareceu na Coruña o 2 de febreiro de 1888. Saía os xoves de cada semana. Dirixida por Carlos Pol Caamaño, contaba coa colaboración de Ángel Vázquez Taboada. Incluíu composicións en galego de Manuel Curros Enríquez e Benito Losada Astray, e relatos en prosa. Cesou a súa edición probablemente o 26 de xullo de 1888.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Míguez Rodríguez, José Antonio (1996). "A Fuliada: brigantina y coruñesa" (PDF). Anuario Brigantino 19: 319–330.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Torres Regueiro, Xesús (1984). "A prensa betanceira (I): de "El Censor" a "Por la Patria", 1883-1898" (PDF). Anuario Brigantino 6: 69–84.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 199–200. ISBN 84-8288-019-5.