Saltar ao contido

A Illana, Fisteus, Curtis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Illana

Vista da Illana, Curtis.
ParroquiaFisteus
ConcelloCurtis
Coordenadas43°07′08″N 8°06′24″O / 43.118889, -8.106667
Poboación29 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]

A Illana é un lugar da parroquia de Fisteus no concello coruñés de Curtis, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE[1], en 2011 tiña 32 habitantes (17 homes e 15 mulleres).

Mercado local

[editar | editar a fonte]

Na Illana celébrase unha das feiras locais máis coñecida e con máis sona na zona, mencionada xa por Lucas Labrada na Descripción económica del Reyno de Galicia (1804) e no Dicionario de Madoz (1847, cando tiña 40 habitantes[2]), pola fama dos queixos que alí venden. A feira do queixo da Illana celébrase no campo da Illana, o día 5 de cada mes. Os queixos de tetilla chegaron a ser coñecidos e chamarse queixos da Illana[3].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Fisteus

[editar | editar a fonte]

Parroquias de Curtis

[editar | editar a fonte]
  1. Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 29 de abril de 2021. 
  2. Madoz, Pascual (1847). "ILLANA". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) IX. Madrid. p. 417. 
  3. Consello regulador. "Historia do queixo tetilla". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2014. Consultado o 15 de abril de 2014.