A Peneda Cabezuda
Aparencia
A Peneda Cabezuda é un con situado no monte da Serra, na estrema entre os concellos de Chantada e Carballedo e próxima a Milleirós e O Barrio de Puga[1].
Características
[editar | editar a fonte]O nome de Peneda Cabezuda vénlle de que se pode ver o perfil dunha cabeza humana situándose nunha posición determinada. Moi próximas están a Pena da Casa, a Pena da Barca e a Pedra da Marrá, unha peneda cortada pola metade.
Cultura popular
[editar | editar a fonte]Segundo a tradición oral, unha moura viña fiando na roca e pousou alí o que traía na cabeza, de aí a peneda. Na década de 1940 os soldados poñían a bandeira de España nos sitios chamativos, e A Peneda Cabezuda era un deles.[2]. Cóntase tamén que nela estiveron os mouros e que nela se atopaba ouro[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Visitamos os petróglifos do monte da Serra...". Televinte. Consultado o 06/02/2018.
- ↑ "A Peneda Cabezuda". Os Parentes SCG. Consultado o 06/02/2018.
- ↑ "Pedras". Galicia Encantada. Consultado o 06/02/2018.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Perfil de cabeza humana na Peneda Cabezuda
-
Detalle da Peneda Cabezuda
-
Vista do conxunto da Peneda Cabezuda
-
Pedra da Marrá e Peneda Cabezuda ao fondo
-
Detalle da Pedra da Marrá xunto á Peneda Cabezuda
-
Vista das terras de Carballedo desde a Peneda Cabezuda