A Senra, Santiago de Ribarteme, As Neves
A Senra | |
---|---|
Parroquia | Santiago de Ribarteme |
Concello | As Neves |
Coordenadas | 42°06′22″N 8°23′30″O / 42.10602925692, -8.3917657008135 |
Poboación | 23 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Senra é un lugar da parroquia de Santiago de Ribarteme no concello pontevedrés das Neves. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística do ano 2008 ten 27 habitantes (13 homes e 14 mulleres).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Salienta no lugar a existencia dunha ponte romana sobre o río Termes, en bo estado de conservación, emprazada nun bosque de freixos, amieiros e carballos. Tamén ten a súa lenda; toda muller cun embarazo difícil debe deitarse ao abeiro da ponte e agardar a que pasen un home e mais unha muller, que serán os padriños do neno e que deberán baixar a lle botar auga sobre o abdome. Ademais, en cada extremo da ponte cómpre que se sitúe un familiar da embarazada para que evite o paso de calquera animal, porque se algún puidese cruzala a muller abortaría.[1]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Santiago de Ribarteme
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Santiago de Ribarteme no concello das Neves (Pontevedra) | |
---|---|
A Abadía | A Aldea | A Bouza | Os Bouzos | A Chan | As Chivanas | A Costa | O Coto de Prados | O Cristo | O Cubión | A Escaravelleira | O Fental | A Folga | A Ladeira | As Laxes | O Lugar | Ninarellos | Padrenda | Peizás | As Penlas | O Regueiriño | O Regueiro | A Rochiña | A Senra | A Soledá | O Souto | O Vilar | A Xesteira | Xestosa |
Parroquias das Neves
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Páxina oficial do concello das Neves". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2010. Consultado o 11 de marzo de 2010.