A Tía Catuxa
Aparencia
A Tía Catuxa | |
---|---|
Cabeceira. | |
Fundación | 1889 |
Fundador | Rufino Rivera Losada |
Lingua | lingua galega |
Localidade | Pontevedra |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Tía Catuxa foi un periódico galego en galego que se publicou en Pontevedra entre 1889 e 1891.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado "Semanario galego de intereses e literatura rexionales", apareceu a finais de setembro de 1889.[1] En decembro dese ano interrompeu a súa publicación. Volveu reaparecer o primeiro domingo de xaneiro de 1891 para desaparecer definitivamente o 22 de febreiro dese ano. Foi o seu fundador e director na primeira época Rufino Rivera Losada. Na segunda etapa estivo dirixido por Francisco Portela Pérez. Entre os seus colaboradores estiveron Ramiro Vieira Durán e José López Otero.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A Tía Catuxa" in La Revista Popular, 116, 10-2-1896, p. 7
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.