A Terriña
A Terriña | |
---|---|
![]() | |
País | Cuba |
Lugar | A Habana |
Lingua | lingua castelá |
Descrito por | Diccionario da literatura galega e Enciclopedia Galega Universal |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Terriña foi un semanario editado na Habana entre 1908 e 1909.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado De información, recreo, ciencia e instrución, apareceu en outubro de 1908. Estaba dirixido por Luís E. Rey, Jesús Díaz era o xefe de redacción e entre os seus colaboradores figuraron Abdón Rodríguez Santos, Pascual Aenlle, Roque de Barcia, Jesús Muruais e Dámaso Pérez Valenzuela. Informaba das noticias de Galicia e das actividades das sociedades de instrución. Tamén abordou cuestións forais, combateu o caciquismo, e daba novas sobre teatro, música e efemérides. Publicou varios fragmentos do Catecismo do labrego de Valentín Lamas Carvajal e poemas de Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Antonio Noriega Varela e Juan Barcia Caballero. Cesou a súa publicación en 1909 co número 39.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Terriña, A". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Neira Vilas, Xosé; et al. (2005). "Terriña, A". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Neira Vilas, Xosé (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5020-1.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de A Terriña no Repertorio da prensa da emigración galega do CCG.
- Enciclopedia da Emigración Departamento de Migración da Confederación Intersindical Galega.