Saltar ao contido

A Volta dos Nove

A Volta dos Nove é a denominación dada a unha curva da parroquia de Baredo (Baiona), ao pé da estrada Baiona-A Guarda (actual PO-552), con motivo da represión franquista.

O 16 de outubro de 1936 foron fusiladas nove persoas do Val Miñor[1]. As persoas represaliadas foron Modesto Fernández Rodríguez, Manuel Aballe Domínguez, Felicísimo Antonio Pérez Pérez, Elías Alejandro Gonda Alonso, Manuel Francisco Lijó Pérez, Fidel Leyenda Rodríguez, José Rodríguez González, Manuel Barbosa Durán e Generoso Valverde Iglesias[2].

A memoria dos asasinatos permaneceu viva polas cruces que se gravaban anonimamente, de forma continuada e clandestina, e, 78 anos despois, filmouse un documental sobre a represión e a capacidade de resistencia colectiva A volta dos nove, documental de Antonio Caneiro (2014).[3][4]