A asasina (novela)
Aparencia
A asasina | |
---|---|
Título orixinal | Η Φόνισσα |
Autor/a | Alexandros Papadiamandis |
Orixe | Grecia |
Lingua | Grego |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Panathinaia Editorial Hugin e Munin |
Data de pub. | 1903 2012 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 144 |
ISBN | ISBN 978-84-941211-0-4 |
Tradución | Susana Losada e Margarita Olivar |
[ editar datos en Wikidata ] |
A asasina (en grego: Η Φόνισσα) é unha novela do escritor Alexandros Papadiamandis. Este foi o seu segundo traballo de escritura e é considerado un dos mellores da literatura grega moderna. Está escrito en grego katharevousa e consta de 17 capítulos. Foi publicado por primeira vez na revista "Panathinaia" de xaneiro a xuño de 1903, co subtítulo novela social. A trama da obra desenvólvese no lugar de orixe do escritor, Skiathos.
Foi traducido ó galego por Susana Losada e Margarita Olivar[1] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2012.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). Editorial Hugin e Munin. p. 14. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.