A carga da brigada lixeira
A carga da brigada lixeira | |
---|---|
![]() Olivia de Havilland e Errol Flynn nunha escena do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Charge of the Light Brigade |
Director | Michael Curtiz |
Produtor | Sen acreditar |
Guión |
|
Baseado en | Historia de Michel Jacoby |
Intérpretes | |
Música | Max Steiner |
Fotografía | Sol Polito A.S.C. |
Montaxe | George Amy |
Estudio | Warner Bros. Pictures |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 115 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Aventuras |
Orzamento | 1 330 000 dólares[1] ou 1 076 000[2] |
Recadación | 2 736 000 dólares[2] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A carga da brigada lixeira (en inglés: The Charge of the Light Brigade) é un filme estadounidense de 1936 dirixido por Michael Curtiz. É un filme de aventuras de Warner Bros.[3][4] e foi producido por Samuel Bischoff, con Hal B. Wallis como produtor executivo. O guión é obra de Michael Jacoby e Rowland Leigh, a partir dunha historia de Michael Jacoby baseada no poema The Charge of the Light Brigade de Alfred Tennyson. A banda sonora foi composta por Max Steiner; a primeira para Warners e a fotografía é obra de Sol Polito.
Está protagonizado por Errol Flynn e Olivia de Havilland e a historia está vagamente baseada na historia real da Carga da Brigada Lixeira que ocorreu durante a guerra da Crimea (1853–56). Ademais, a historia inclúe un evento semellante ó asedio de Cawnpore durante a Rebelión da India de 1857. Este foi o segundo dos oito filmes que Errol Flynn e Olivia de Havilland protagonizaron xuntos. Unha segunda versión do filme, estreada en 1968 co mesmo nome de The Charge of the Light Brigade, está protagonizada por Trevor Howard e Vanessa Redgrave.
Estreouse en galego o 31 de decembro de 1987 a través da TVG.[5]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Errol Flynn como Maior Geoffrey Vickers
- Olivia de Havilland como Elsa Campbell
- Patric Knowles como Capitán Perry Vickers
- Henry Stephenson como Sir Charles Macefield
- Nigel Bruce como Sir Benjamin Warrenton
- Donald Crisp como Coronel Campbell
- David Niven como Capitán Randall
- C. Henry Gordon como Surat Khan
- G. P. Huntley, Jr. como Maior Jowett
- Robert Barrat como Conde Igor Volonoff
- Spring Byington como Lady Octavia Warrenton
- E. E. Clive como Sir Humphrey Harcourt
- J. Carrol Naish como Subahdar-Major Puran Singh
- Walter Holbrook como Cornet Barclay
- Princess Baigum como nai de Prema
- Charles Sedgwick como Cornet Pearson
- Scotty Beckett como Prema Singh
- George Regas como Wazir
- Helen Sanborn como Mrs. Jowett
- Holmes Herbert como Xeneral O'Neill (sen acreditar)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ John Sedgwick, Mike Pokorny, "Hollywood’s foreign earnings during the 1930s", 83 TRAC 1 (1) pp. 83–97 Intellect Limited 2010 p92
- ↑ 2,0 2,1 Warner Bros financial information in The William Shaefer Ledger. See Appendix 1, Historical Journal of Film, Radio and Television, (1995) 15:sup1, 1-31 p 16 DOI: 10.1080/01439689508604551
- ↑ Variety film review; 4 de novembro de 1936, páxina 18.
- ↑ Harrison's Reports film review; 7 de novembro de 1936, page 178.
- ↑ La Voz de Galicia, 31 de decembro de 1987. Páx. 79
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A carga da brigada lixeira ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A carga da brigada lixeira na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)