A cazaría do tabladillo
Cazaría do tabladillo en Aranjuez | |
---|---|
Artista | Juan Bautista Martínez del Mazo |
Data | 1640 |
Técnica | Pintura ó óleo |
Dimensións | 187 cm × 249 cm |
Localización | Museo do Prado (Madrid, España) |
Cazaría do tabladillo en Aranjuez (en castelán: Cacería del tabladillo en Aranjuez) é un óleo de Juan Bautista Martínez del Mazo, pintado cara a 1640. A obra mostra á corte de Filipe IV, cazando uns veados nos arredores do palacio de Aranjuez. Consérvase no Museo do Prado que o comprou ao coleccionista alemán A. S. Drey, de Múnic, en 1934. Para a súa compra utilizáronse fondos do legado Conde de Cartagena.
Análise
[editar | editar a fonte]En 1666 aparece no inventario do Real Alcázar de Madrid. Isabel de Farnesio levouno ao Palacio Real de El Pardo onde se inventariou en 1714. Máis tarde volveu ao Alcázar onde se atopaba antes do incendio de 1734. Durante a Guerra da Independencia Española, Xosé Bonaparte sacouno do Pardo e levouno consigo a Francia. Trala ruína do derrocado rei de España, foi vendido a Lord Ashburton. Deste pasou a coleccións alemás, como a Sedelmayer, ou húngaras, como a de Marcel de Nemes.
É unha escena cortesá. No tabladillo atópanse a raíña Isabel de Borbón, as súas damas e tres relixiosas. Abaixo, no campo, están o rei, o seu irmán o cardeal infante Fernando de Austria e os serventes. Destes destaca un anano negro. Unha dos cans de cazaría identificouse cun dos que acompañan ao príncipe Baltasar Carlos en O príncipe Baltasar Carlos cazador. A pegada de Velázquez, sogro e mestre de Mazo, é inconfundible.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A cazaría do tabladillo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- VALDOVINOS CRUZ, José Manuel, El Prado, coleccións de pintura, Madrid, Lunwerg Editores, 2001. ISBN 84-7782-694-3.