Saltar ao contido

A gaita gallega (libro)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A gaita gallega
Primeira edición de 1853
Título orixinalA gaita gallega tocada polo gaiteiro, ou sea Carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega e aínda máis
Autor/aXoán Manuel Pintos
OrixeGaliza
Linguagalego, castelán e latín
Xénero(s)diálogo e poesía
EditorialImprenta de José y Primitivo Vilas,
Pontevedra
Data de pub.1853
Páxinas216
editar datos en Wikidata ]

A gaita gallega tocada polo gaiteiro, ou sea Carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega e aínda máis é un libro escrito por Xoán Manuel Pintos publicado en 1853. É a obra máis importante deste precursor do Rexurdimento. Está escrito alternando verso e prosa.[1]

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Hai algúns textos anteriores á gaita gallega que se poden considerar os seus antecedentes:

  • As sete foliadas publicadas en 1853 nun xornal pontevedrés. Algúns destes textos aparecerán n' A gaita gallega.
  • Textos anteriores a 1852, como algúns dos publicados no xornal Los misterios de Pontevedra, que tamén foron incluídos n' A gaita gallega.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

A unidade da obra reside nos seus dous personaxes principais, que fan dela todo un manual dos costumes e a lingua de Galiza. Estes personaxes son:

  • Cristus, gaiteiro que explicará cuestións referentes á lingua e os costumes.
  • Pedro Luces, tamborileiro non galego destinatario das explicacións de Cristus.

Temática

[editar | editar a fonte]
Dedicatoria manuscrita de Pintos a Antonio de la Iglesia, na páxina da cita inicial (do Marqués de Santillana) nun exemplar de A gaita gallega.[2]

A temática da obra é moi variada, pero esencialmente é un manual da lingua do noroeste peninsular. E non só iso, senón que tamén se fai unha defensa da lingua galega, un feito de gran transcendencia tendo en conta que o autor é de clase social elevada.

Inclúe unha transcrición na "Foliada 4ª"[3] da obra Carmen patrium sive Pontevedra do relixioso pontevedrés Hermenegildo Amoedo Carballo, que foi publicada en Boloña en 1787 e está escrita orixinalmente en latín en romance con 429 versos hendecasílabos, así como unha tradución libre ao galego na "Foliada 6" co título "Canto a miña terra ou sea Pontevedra".[4]

Transcendencia

[editar | editar a fonte]

É a obra máis importante do século XIX antes da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, xa que combina composicións de contido social ("O achadizo") con composicións costumistas ("¡Viva Galicia!").

Edicións

[editar | editar a fonte]

O libro foi incluído na Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia, na Biblioteca de Autores Galegos de Diario 16 de Galicia e na Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Vista previa dunha edición facsímile en Google Books.
  2. Biblioteca Virtual Galega
  3. A transcrición do orixinal en latín ocupa as páxinas 106-122
  4. A tradución libre ao galego está nas páxinas 177-199

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]