A lexión dos superheroes
Aparencia
A lexión dos superheroes | |
---|---|
Na rede | |
http://kidswb.com/kids/shows-LegionOfSuperHeroes | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A lexión dos superheroes (Legion of Super Heroes en inglés) é unha serie estadounidense de debuxos animados producida pola Warner Bros. Animation e estreada o 23 de setembro de 2006 en The CW Television Network. A serie protagonízana personaxes de DC Comics, a historia transcorre no século XXXI centrándose nas aventuras de Superman cando novo e da súa loita contra o mal xunto a un grupo de superheroes futuristas coñecidos como Lexión dos Superheroes. Emitíronse 26 episodios en dúas temporadas, a serie finalizou o 5 de abril de 2008. A TVG estreou a serie o 4 de outubro de 2008 dentro de Xabarín Club.
Dobraxe
[editar | editar a fonte]Personaxe Voz galega Voz orixinal Superman Andrés Bellas Yuri Lowenthal Lóstrego Antón Olmos Andy Milder Saturnia Isabel Vallejo Kari Wahlgren Lobo Gris Luís Iglesia Shawn Harrison Brainiac 5 Gaspar Somoza Adam Wylie