A noite dos mortos viventes
A noite dos mortos viventes | |
---|---|
Imaxe do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Night of the Living Dead |
Director | George A. Romero |
Produtor | Karl Hardman Russell Streiner |
Guión | George A. Romero John A. Russo |
Intérpretes | Judith O'Dea Duane Jones Marilyn Eastman Karl Hardman Judith Ridley Keith Wayne |
Música | William Loose |
Fotografía | George A. Romero |
Montaxe | George A. Romero John A. Russo |
Estudio | Image Ten Laurel Group Market Square Productions |
Distribuidora | The Walter Reade Organization Continental Distributing |
Estrea | 1 de outubro de 1968 13 de maio de 1991 (TVG) |
Duración | 96 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Terror |
Orzamento | $114 000[2] |
Recadación | $30 000 000[2] |
Na rede | |
|
A noite dos mortos viventes (en inglés: Night of the Living Dead) é un filme estadounidense dirixido por George A. Romero que se estreou en 1968. Está protagonizado por Duane Jones e Judith O'Dea. Tivo un orzamento de 114 000 dólares e converteuse nun grande éxito comercial recadando 12 millóns de dólares nos Estados Unidos e 18 millóns internacionalmente. Dende entón, converteuse nun clásico de culto, e malia que nun primeiro momento, foi duramente criticado polo seu gore explícito, foi posteriormente louvado pola crítica e seleccionado pola Biblioteca do Congreso para a súa conservación no National Film Registry, como un filme "cultural, histórico, ou esteticamente significativo".[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Duane Jones como Ben
- Judith O'Dea como Barbra Blair
- Karl Hardman como Harry Cooper
- Marilyn Eastman como Helen Cooper
- Keith Wayne como Tom
- Judith Ridley como Judy
- Kyra Schon como Karen Cooper
- Charles Craig como Newscaster / Non morto
- Bill Hinzman como Morto vivente do cemiterio
- George Kosana como Sheriff McClelland
- Russell Streiner como Johnny Blair
- Bill Cardille como "Chilly Billy Cardilly"
Dominio público
[editar | editar a fonte]Entrou no dominio público debido a un erro na distribución, xa que nos títulos de crédito non aparecía o copyright indicando o dereito de autoría. Con todo, unha nova copia restaurada en 4K ficou fóra do dominio público. Netflix retirou do seu catálogo o filme por un requirimento de Alemaña.[4]
Relación do filme con Galiza
[editar | editar a fonte]O director recorreu á súa familia na Coruña para conseguir o financiamento necesario para rodar a que foi a súa primeira película. Ademais, George A. Romero dixo en diversas ocasións que as historias sobre a Santa Compaña que lle contaba a súa tía galega inspirárono para escribir o guión do filme.[5]
Foi emitido na TVG o 13 de maio de 1991.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Board of Film Classification, ed. (18 de novembro de 1980). "Night of the Living Dead (X)". Consultado o 7 de xuño de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 Mark Hughes (30 de outubro de 2013). Forbes, ed. "The Top Ten Best Low-Budget Horror Movies of All Time". Consultado o 27 de decembro de 2014.
- ↑ J.C. Maçek III (15 de xuño de 2012). PopMatters, ed. "The Zombification Family Tree: Legacy of the Living Dead".
- ↑ Waltz, Amanda. "Report reveals Netflix removed Night of the Living Dead from Germany's streaming services". Pittsburgh City Paper (en inglés). Consultado o 2024-01-26.
- ↑ "El desconocido origen gallego de los zombis modernos". Vertele (en castelán). 2017-10-02. Consultado o 2024-01-26.
- ↑ La Voz de Galicia, 13 de maio de 1991. Páx. 78
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A noite dos mortos viventes |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A noite dos mortos viventes na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)