A sementeira
Aparencia
A sementeira é unha cantiga popular galega. A canción fíxose popular coa versión (Sementeira) que fixo a banda Fuxan os Ventos, publicada en 1978 no seu álbum homónimo, con texto escrito por Luís Álvarez Pousa e música de Xosé Luís Rivas Cruz[1][2]. A canción converteuse nun dos símbolos culturais de Galicia e particularmente representativa dunha xeración nos anos 1970.
Letra
[editar | editar a fonte]Letra da versión de Fuxan os Ventos:[3]
Sementar, sementarei,
- loguiño de crarear,
- en tanto no pobo medre
- un meniño, un vello e un cantar.
- Un meniño rebuldeiro
- que fale na lingua nai,
- que suba ós pexegueiros
- á froita verde roubar.
Sementar, sementarei...
- Un vello que dé consellos,
- un rostro de fume e pan,
- que conte contos ós nenos
- do cuco e do paspallás.
Sementar, sementarei...
- Un cantar de redención,
- un vello e novo cantar,
- que troque a desolación
- nun limpo e claro alborear.
Sementar, sementarei...
- Logo deixaime morrer
- entre dous regos queimados,
- cando veñan os solpores
- dos homes esfamiados.
Sementar, sementarei...
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vélez Barreiro, Marco (2009). Revista Garazoa, ed. Conexiones entre música popular y literatura en Galicia e Irlanda: Notas para un estudio preliminar. Ferrol.
- ↑ Con frecuencia, los grupos de canción protesta componen sus letras basándose en melodías tradicionales, o bien musican textos de literatura popular que a veces se confunden con melodías auténticamente populares, como en el caso de la canción Sementeira de Fuxan os Ventos, con texto escrito por Lois Álvarez Pousa y música de Xosé Luís Rivas Cruz
- ↑ Luis Torres Vázquez (2016) Repertorio tabernario. Maravallada, p. 79