A vida vexetal
A vida vexetal | |
---|---|
Autor/a | Lois Xosé Pereira |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Narrativa |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Baía Edicións |
Data de pub. | 1992 |
Páxinas | 111 |
ISBN | ISBN 978-84-8767-412-7 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A vida vexetal é unha novela escrita por Lois Xosé Pereira entre 1989 e 1991, e publicada por Baía Edicións en abril de 1992
Sinopse
[editar | editar a fonte]A novela relata a historia de como un rapaz orfo, que non soporta o dominio que lle impoñen na súa casa a súa nai viúva e os seus tíos, decide marchar para vivir coa súa moza nun almacén de xoguetes abandonado. A felicidade invade ao rapaz ao principio; porén, a súa moza (Pandora), queda embarazada e, tras dar a luz a un fillo, a miseria e a falta de traballo terminan por conducir á morte a ambos. O protagonista da historia remata tolo, recluído nun hospital psiquiátrico.
Estilo
[editar | editar a fonte]A obra está ambientada nunha "cidade bíblica", da que nunca se precisa o nome e que periodicamente sofre o ataque duns dinosauros salvaxes, que a derrúen por completo. A obra desenvólvese ao longo de 25 capítulos, nos que o autor relata os sucesos mediante o uso dunha linguaxe complexa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do libro na web da editorial.