Aarón Martín
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Aarón Martín Caricol 22 de abril de 1997 (27 anos) Montmeló, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2014 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua catalá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Fußball-Bundesliga | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 29 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2019 | Campeonato Europeu de Futebol Sub-21 de 2019 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Aarón Martín Caricol, nado en Montmeló o 22 de abril de 1997, é un futbolista catalán que xoga na posición de defensa nas filas do 1. FSV Maguncia 05 da 1 Bundesliga.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou como futbolista nas categorías inferiores do R. C. D. Espanyol.[1] En 2013 pasou a formar parte do Xuvenil A do equipo branquiazul, para se incorporar ao equipo filial, o Real Club Deportivo Espanyol B ao comezo da tempada 2014-15[2]. O 16 de xaneiro de 2016 marcou o seu primeiro gol como sénior, nunha vitoria por 2–0 na casa contra do CF Reus Deportiu[3].
Tras ser titular indiscutible durante toda a tempada o 13 de xuño de 2016 renovou contrato co club ata o ano 2020, por mor do interese de varios clubs por facerse cos seus servizos[4]. Debutou nun partido oficial co primeiro equipo do Espanyol o 2 de outubro de 2016, na 7ª xornada da Primeira División española 2016-17 perante o Vilarreal CF no RCDE Stadium, ao incorporarse ao xogo no minuto 65 para substituír a José Antonio Reyes[1].
O 6 de agosto de 2018 o R. C. D. Espanyol fixo oficial a cesión pola tempada 2018-2019 do xogador ao 1. FSV Maguncia 05 coa obriga de compra de xogar 10 partidos co conxunto alemán.[5]. Debutou na Bundesliga o 26 de agosto, nunha derrota por 1–0 na casa fronte ao VfB Stuttgart nun partido no que xogou os 90 minutos.[6]. O 5 de novembro de 2018 asinou contracto definitivo co club alemán[7].
Xogou cinco encontros, tres como titular[8], ao comezo da tempada 2020-21 con cada volta menos tempo o 31 de decembro de 2020 asinou polo R. C. Celta de Vigo, e volveu así á liga española, en calidade de cedido ata final de tempada[9]
Internacional[editar | editar a fonte]
Aarón foi internacional coa selección de fútbol sub-15 e sub-19 de España. Formou parte do equipo que gañou o Campionato de Europa Sub-19 da UEFA 2015, e disputou o encontro final en Katerini ante a selección rusa.[10].
Debutou coa Selección de fútbol de Cataluña o 28 de decembro de 2016, como titular nun partido contra Tunisia que logo dos 90 minutos tiña o marcador 3–3 e que rematou en derrota 2–4 nos penaltis[11].
Clubs[editar | editar a fonte]
Club | Liga | Ano | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
R. C. D. Espanyol "B" | España | 2014-2016 | 36 | 1 |
R. C. D. Espanyol | España | 2016-2018 | 66 | 0 |
1. FSV Maguncia 05 | Alemaña | 2018-2020 | 86 | 1 |
R. C. Celta de Vigo (cedido) | España | 2020-2021 | 20 | 0 |
1. FSV Maguncia 05 | Alemaña | 2021-2022 | 21 | 1 |
Palmarés[editar | editar a fonte]
Títulos internacionais[editar | editar a fonte]
Título | Equipo | Sede | Ano |
---|---|---|---|
Eurocopa Sub-19 | España | Grecia | 2015 |
Eurocopa Sub-21 | España | Italia Italia | 2019 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Aarón Martín: “Mi debut fue el premio a tantos años en el club”". Mundo Deportivo. 4 de outubro de 2016.
- ↑ "Aarón Martín Caricol #29". RCD Espanyol.
- ↑ "Un gran Espanyol B se impone a un Reus que llegó coliderando la tabla". Diario La Grada. 16 de xaneiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2016.
- ↑ "Aarón Martín renueva hasta el 2020". RCD Espanyol. 13 de xuño de 2016.
- ↑ "Aarón Martín jugará en el Mainz 05". 6 de agosto de 2018. Consultado o 6 de agosto de 2018.
- ↑ "Mainz schlägt Stuttgart, weil Badstuber stolpert". Der Spiegel. 26 de agosto de 2018.
- ↑ "Mainz announce the permanent signing of Aaron". Marca. 5 de novembro de 2018.
- ↑ "O Celta reforza o lateral esquerdo con Aarón Martín, que chega cedido polo Mainz". CRTVG. 31 de decembro de 2020.
- ↑ "Aarón Martín só é o “teloneiro” dun Celta que segue buscando un dianteiro". GaliciaPress. 2 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Campeonato de Europa Sub-19 de la UEFA > 2015 > Partidos > Final > España-Rusia". uefa.com.
- ↑ "Catalonia impress before going down to Tunisia after penalty shootout". Sport. 28 de decembro de 2016.