Ab ovo
Aparencia
Ab ovo é unha expresión latina que significa "dende o inicio" (literalmente, "desde o ovo") e que designa unha técnica narrativa consistente en principiar unha narración desde o momento en que comezan os acontecementos.
A expresión débeselle a Horacio, quen, en De arte poetica describe a técnica como Nec gemino jusque ad mala ("Desde o ovo até as mazás"), referíndose á comida romana típica, que comezaba con ovos e remataba coa froita.
Se, pola contra, a historia comeza a narrarse desde o medio da acción, omitindo en principio os primeiros acontecementos, dise que se inicia in medias res ou in media res
Tamén se emprega co mesmo significado ab origine.