Saltar ao contido

Abacá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O abacá (Musa textilis) é unha especie da familia das musáceas que dá un froito semellante ao plátano e que é propia de Filipinas. A partir do terceiro ano a planta comeza a producir febras de ata dous metros de longo, coñecidas como cánabo de Manila, a fibra máis grosa úsase para fabricar sacos e sogas e da máis fina fanse teas. O abacá pode chegar a unha altura de cinco ou dez metros, require para o seu desenvolvemento humidade e chuvia durante todo o ano, medrando sobre todo nas costas sur e leste de Filipinas.[1] A planta introduciuse dende Filipinas en Indonesia e América Central e do Sur.[2]

  1. Keat Gin Ooi Southeast Asia: A Historical Encyclopedia, from Angkor Wat to East Timor.ABC-CLIO, 2004, páxina 111
  2. Amar K. Mohanty, Manjusri Misra e Lawrence Thaddeus Drzal Natural fibers, biopolymers, and biocomposites. CRC Press, 2005, páxina 87