Abadox
Aparencia
Abadox | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Natsume (Dirección e Son) Dynamic Planning (Produción) ITL (Gráficos) |
Distribuidora(s) | Natsume, Milton Bradley |
Deseñador(es) | Kimiya Sasaki Seiichi Tajima Kōichi Dekune |
Compositor(es) | Kiyohiro Sada |
Lanzamento | Xapón: 15 de decembro de 1989 América do Norte: marzo de 1990 |
Xénero | Disparos |
Modos de xogo | Un xogador |
Plataforma(s) | Nintendo Entertainment System |
[ editar datos en Wikidata ] |
Abadox (アバドックス Abadokkusu?) é un videoxogo para a NES, subtitulado The Deadly Inner War. É xogo de disparos en scrolling lateral do estilo de Gradius e R-Type. O xogo salienta polo seu estilo visual único xa que está ambientado no tracto intestinal dun organismo alieníxena xigante. Abadox é tamén coñecido polo seu grao de dificultade, xa que só é preciso un disparo inimigo para ser asasinado.[1] En Abadox, se o xogador morre, debe comezar de novo dende o checkpoint antes da morte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Abadox: The Deadly Inner War". gametheater.org. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2015. Consultado o 2 de decembro de 2014.