Abancay
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Perú | ||||
Rexión | Departamento de Apurímac | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 72.277 (2017) | ||||
Xeografía | |||||
Altitude | 2.500 m | ||||
Creación | 1540 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 03001 | ||||
Prefixo telefónico | 83 | ||||
Sitio web | muniabancay.gob.pe |
Abancay é unha cidade do Perú, capital da Rexión de Apurímac e situada no centro-sur do país ás beiras do Río Mariño. Ten 49 513 habitantes segundo o censo do 2001.
É, ademais, centro comercial de produtos agrícolas. Nas súas inmediacións existen industrias de azucre e destilerías do alcohol.
Historia
[editar | editar a fonte]Abancay xa era un centro poboado antes da chegada dos Incas. Ao comezo da colonia, os españois nomearon este sitio como Amancay, Vila dos Reyes.
En 1997, como consecuencia das torrenciais choivas, produciuse un desprendimento que sepultou a dous pobos situados entre Abancay e Tamburco, só se rescataron 42 cadáveres, de case 400 persoas sepultadas e ademais houbo 200 feridos.
Lugares turísticos
[editar | editar a fonte]Abancay ten unha gran riqueza paisaxística, a mesma que se ve no Santuario Nacional de Ampay que se atopa ao norte da cidade. É berce de personaxes ilustres como David Samanez Ocampo.
Educación
[editar | editar a fonte]Na cidade de Abancay atópase a primeira universidade tecnolóxica do Perú, a Universidad Tecnológica de los Andes [1] a Universidad Nacional "Micaela Bastidas", a de recente creación, Universidad Nacional "José María Aguedas", con sede na cidade de Andahuaylas, e a Universidade Nacional San Antonio Abad.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abancay |