Abdón Blanco García
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 O Barco de Valdeorras, España |
Morte | 11 de outubro de 1936 (36/37 anos) Ourense, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Alcalde do Barco de Valdeorras | |
1936 – 1936 ← Eulogio Gavela Vega | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Abdón Blanco García, nado no Barco de Valdeorras en 1899 e finado en Ourense o 11 de outubro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Axente comercial. Foi concelleiro do Barco de Valdeorras durante a ditadura de Primo de Rivera. Na Segunda República foi secretario de Izquierda Republicana e nomeado alcalde do Barco de Valdeorras a comezos de xuño de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, xulgado en Ourense por rebelión militar e sentenciado á pena de morte. Executárono no Campo de Aragón o 11 de outubro de 1936. Logo do seu falecemento, o Colexio de Axentes Comerciais solicitou unha investigación sobre a súa muller Francisca Quirós, para apropiarse dunha parte das propiedades gananciais do matrimonio.
Predecesor: Eulogio Gavela Vega |
Alcalde do Barco de Valdeorras 1936 |
Sucesor: - |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García Yáñez, Félix (2005). O Barco e a terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo (1931-1971). Vigo: A Nosa Terra. pp. 37–38. ISBN 84-96403-13-0.