Abeba Birhane
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Etiopía |
Educación | University College Dublin - ciencia cognitiva (2014–2015) Universidade de Bahir Dar (2002–2005) Open University |
Actividade | |
Campo de traballo | Ética da intelixencia artificial |
Ocupación | informática teórica, investigador en intelixencia artificial, científica cognitiva |
Sitio web | abebabirhane.com |
Abeba Birhane é unha científica de orixe etíope que traballa na intersección dos sistemas adaptativos complexos, a aprendizaxe automática, o nesgo algorítmico e os estudos raciais críticos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O traballo de Birhane con Vinay Prabhu descubriu que os conxuntos de datos de imaxes a grande escala utilizados habitualmente para desenvolver sistemas de IA, como ImageNet e 80 Million Tiny Images, contiñan etiquetas racistas e misóxinas e imaxes ofensivas.[1][2][3]
Foi recoñecida por VentureBeat como unha das principais innovadoras en visión por computador e nomeada como unha das 100 persoas máis influentes en IA 2023 pola revista Time.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "MIT Takes Down Popular AI Dataset Due to Racist, Misogynistic Content". Gizmodo (en inglés).
- ↑ "UCD student's research takes down an 80-million image artificial intelligence database". independent (en inglés).
- ↑ "From data strikes to data poisoning, how consumers can take back control from corporations". Fortune (en inglés).
- ↑ "Announcing the AI Innovation Awards winners at Transform 2020". VentureBeat (en inglés).