Abelard Saragossà
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1954 ![]() Silla, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | profesor universitario ![]() |
Empregador | Universidade de Valencia ![]() |
Membro de | |
Premios | |
![]() ![]() |
Abelard Saragossà, nado en Silla, Horta Sud, en 1954, é un filólogo valenciano e profesor do Departamento de Filoloxía Catalá da Universidade de Valencia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Editou varias obras entre as que cómpre citar a Gramàtica Valenciana raonada i popular ou Passat, present i futur de les Normes ortogràfiques de Castelló (1932). Obtivo o Premio de Ensaio 2006 da Generalitat valenciana na modalidade de Ensaio en valenciano polo seu traballo "Reivindicació científica del valencià". Trata dunha obra onde o autor sostén como tese a necesidade de achegar o valenciano popular, en gran medida construído polos usuarios da lingua, co culto e científico, que se cultiva en ámbitos universitarios, cultos e científicos, ao tempo que é reivindicada unha actitude por parte dos valencianos de amor pola súa lingua propia, pola cultura histórica que lle é inherente e polas peculiaridades que, ao longo dos séculos, fora xerando.
Colaborador da revista Saó. Abelard foi un dos gramáticos valencianos que defendeu a dobre denominación valenciano/catalán xunto con outros filólogos valencianos como Jordi Colomina. Escribiu varios artigos como o da concordancia do participio na revista Llengua Nacional, onde defende a necesidade de facer sistematicamente a concordancia do feminino singular, posto que cando apostrofar, o artigo deixa de explicitar o xénero, pero é xustamente o participio o elemento que pasa a explicitalo.
Obras
[editar | editar a fonte]- Criteris de la normativa: l'ortografia contemporània, uns quants problemes actuals, Valencia, Saó, 1997, 316 p.
- Passat, present i futur de les Normes ortogràfiques de Castelló (1932), Valencia: Saó, 1998
- Problemes bàsics de la teoria sintàctica generativista (1957-1986), Valencia: Universitat de Valencia, 1992, 304 p.
- Els predicatius i les categories sintàctiques, Universitat de València, València, 1994, 243 p.
- El valencià del futur, Benicarló, Alambor, [2000], 2002, segunda edición, 206 p.
- Gramàtica valenciana raonada i popular: els fonaments, Tabarca Llibres, 2005, 336 p.
- Reivindicació del valencià: una contribució. València, Tabarca Llibres, 2007 (1a edición, 2006), 322 p.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Abelard Saragossà: «El model lingüístic de Fuster només té com a destinatari el gremi dels lletraferits», Levante-EMV, arquivada dende o orixinal o o 6 de decembro de 2012
- Filología catalana en Lo Rat Penat - El profesor de la Universitat de València Abelard Saragossà imparte una conferencia en la institución cultural sobre Josep Nebot, una figura "olvidada" que acerca a secesionistas y catalanistas, Levante-EMV
- Lo Rat Penat sufre pintadas tras acoger la conferencia de un profesor de Filología Catalana Arquivado 22 de novembro de 2011 en Wayback Machine., Levante-EMV