Abolicionismo
O abolicionismo foi unha doutrina que defendía a prohibición absoluta da escravitude e do seu comercio. Comezou durante a Ilustración e acadou importantes proporcións en varios países durante o século XIX.
Gran Bretaña e colonias
[editar | editar a fonte]Aínda que a escravitude era ilegal en Inglaterra dende o ano 1102, non ocorreu igual nas súas colonias, onde se mantiña a práctica e o comercio da escravitude. Xa en 1783 apareceu o Comité para a Abolición do Comercio de Escravos e o 25 de marzo de 1807 o Parlamento británico aboliu o comercio de escravos. O movemento abolicionista británico centrouse entón en conseguir a abolición da escravitude mesma, o que se conseguiu o 23 de agosto de 1833 ó aprobar o Parlamento a Lei da abolición da escravitude que levou a emancipación de todos os escravos das colonias británicas o 1 de agosto de 1834.
Estados Unidos
[editar | editar a fonte]A primeira sociedade abolicionista estableceuse en 1775 en Filadelfia e na maioría dos estados do norte aboliuse a escravitude, non pasou o mesmo no sur onde se mantivo forte ata a Proclamación da Emancipación por Abraham Lincoln o 1 de xaneiro de 1863 ratificada na décimo terceira emenda á Constitución en decembro de 1865.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abolicionismo |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |